DEPORTES
Deportistas do Club Alagua participan na Copa de España de Vaurien
© Brais Acevedo.
Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club deportivo Alagua da Guarda.
Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.
Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua que competiu por Vertigo Sailing xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, rematando coma subcampionas da Copa de España da categoría feminina.
Dende o Club Alagua destacaron “queremos felicitar especialmente a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.”
O concello da guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.
© Brais Acevedo.Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club deportivo Alagua da Guarda.
Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.
Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua que competiu por Vertigo Sailing xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, rematando coma subcampionas da Copa de España da categoría feminina.
Dende o Club Alagua destacaron “queremos felicitar especialmente a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.”
O concello da guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.


































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163