Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 08 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas reordena a contorna do complexo deportivo e o centro de saúde

Suporá mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria ademais de ampliar zonas de aparcamento

A concellaría de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, anunciou a nova ordenación da mobilidade e do tráfico no entorno do Complexo Deportivo Álvaro Pino e do Centro de Saúde.


As obras de rexeneración e humanización deste amplo espazo están finalizando e nos vindeiros días realizaranse os traballos de sinalización vertical e horizontal, que suporán importantes cambios e melloras, segundo o edil nacionalista.


Mera explicou que, coas obras xa executadas e co pintado que se realizará nos vindeiros días, os desprazamentos a pé poderanse realizar con seguridade e comodidade a diferenza do que acontecía até agora. Os sentidos de circulación existentes en todas as vías de acceso ao Centro de Saúde e de saída serán de sentido único, o que permite gañar espazo para a mobilidade peonil e crear máis prazas de aparcamento. Tamén implicará unha mellora na seguridade viaria ao simplificar a circulación con dous itinerarios circulares ao Centro de Saúde, un pola rúa Canteiro José Cerviño e outro pola rúa que se inicia na P-254 (estrada de Mondariz) mentres que a saída será pola Costa do Ambulatorio até a rúa Real (N-120).


A rúa Canteiro José Cerviño, que comunica a vila co barrio das Cachadas, pasará a ser de sentido único en sentido ascendente, cara o Centro de Saúde, o que permitirá crear unha senda peonil nun tramo de 300 metros no que até agora os peóns se vían obrigados a circular pola calzada. Ademais, gañarase en seguridade, pois a calzada non ten anchura para dous carrís e eliminarase a habitual circulación descendente a velocidades excesivas.


Ao mesmo tempo, na explanada situada fronte ao Restaurante Ponteareas aseguraranse os desprazamentos a pé seguros e cómodos para dirixirse tanto cara o Complexo Deportivo Álvaro Pino como cara o Centro de Saúde. Os sentidos únicos de circulación permitirán simplificar a circulación nunha zona especialmente confusa e desordenada na actualidade, mellorando tamén a seguridade viaria.


Ademais, na Rúa Real, na zona da farmacia, ordenarase o espazo de maneira que se asegure a continuidade do itinerario peonil no tramo no que non existe beirarrúa, creando un espazo reservado para peóns e unhas prazas de aparcamento a carón da farmacia con limitación de parada a 10 minutos.


Mera salientou que estas medidas “avaladas polos técnicos da Deputación de Pontevedra a través da Rede Ágora, suporán seguir avanzando nunha mobilidade máis saudábel e segura, recuperando espazos degradados e poñéndoos ao servizo das persoas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.