MOS
Mos reforza as execucións subsidiarias de limpeza de fincas
As empresas contratadas, que actuarán dentro do marco do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, iniciarán os traballos o vindeiro mes de maio
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron esta semana de que xa se atopan adxudicadas as 3 empresas (2 de tala e 1 de desbroce) que acometerán as execucións subsidiarias de limpeza de fincas desde maio a outubro dentro do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.
Os representantes municipais, Arévalo e Costas, aproveitaron para lembrar aos particulares propietarios de fincas con limpezas pendentes que aínda están a tempo de executalas antes de que o Concello comece a actuar de oficio o vindeiro mes de maio.
Este ano desde a administración local mosense faise un especial esforzo na prevención e loita contra os lunes forestais coa contratación destas 3 empresas, xa que o pasado 2020 foi unha única empresa a contratada.
Ás execucións subsidiarias de Medio Ambiente para a limpeza de fincas dentro do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais sumaranse tamén as brigadas forestais que comezarán a traballar no mes de xuño. As contratacións dos brigadistas faranse a través de subvencións da Xunta de Galicia. Por unha banda están as do Aprol Rural a través das axudas para o Fomento do emprego no medio rural da Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas que se contratarán a 2 traballadores en postos de peón forestal durante 9 meses a xornada completa. E con cargo ao Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, contrataranse a 12 traballadores nos postos de Oficial 1ª conductor motobomba (7), Xefe de brigada (1) e Peóns (4). A duración do contrato é de 3 meses.
Ante calquera dúbida, os propietarios de fincas pendentes de limpeza poden chamar por teléfono á concellería de Medio Ambiente (986 09 70 37) para pedir cita e acudir a aclarar as cuestións que se plantexen a este respecto.
O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais foi aprobado polo Concello de Mos en 2019 tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, SEAGA e a Fegamp.
O Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais é de elaboración, execución e actualización obrigatoria para os Concellos e intégrase dentro do PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) e dos Plans de Distrito; así como no Plan de Emerxencias Municipal, tendo sido redactado por un titulado universitario forestal.
Este Plan Municipal inclúe aproximadamente 15.000 fincas inventariadas cuxos propietarios deben proceder á súa limpeza.
Tal e como explicaron a alcaldesa Nidia Arévalo e o concelleiro Leo Costas, “os obxectivos do Plan Municipal de Prevención de Defensa contra os Incendios Forestais son a descrición da situación actual do Concello (análise de risco, zonas de actuación, prioridades), a catalogación dos medios e recursos de prevención e defensa contra os incendios forestais, o establecemento do procedemento a seguir en caso de emerxencia, a regulación dos usos e o aproveitamento do risco e a programación de traballos preventivos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184