O ROSAL
Medio Ambiente incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras as sobreiras do Rosal
En Galicia existen a día de hoxe un total de 179 elementos catalogados como senlleiros en recoñecemento ás súas características singulares ou excepcionais
O Catálogo galego de árbores senlleiras acaba de incorporar unha nova formación de sobreiras localizadas no concello pontevedrés do Rosal. O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se notifica a súa inclusión neste rexistro público, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e no que figuran todas aquelas árbores e formacións merecentes dunha protección especial en atención ás súas características singulares ou excepcionais.
Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión no Catálogo de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.
En canto ás sobreiras da Magdalena, pertencen á especie Quercus suber e constitúen un conxunto de catro exemplares que cumpren coas condicións sinaladas no decreto regulador do Catálogo en canto ás excepcionais características do seu porte e dendrometría, especialmente ás dos tres exemplares de maior tamaño. Así, as árbores chegan ata os 22 metros de altura e o seu perímetro oscila entre 3,8 e 4,3 metros.
O conxunto posúe tamén uns notables valores estéticos e paisaxísticos ao atoparse ao pé da capela da Magdalena, no cumio do monte do mesmo nome. Do mesmo xeito, cómpre subliñar o valor histórico do conxunto xa que a capela aparece mencionada en documentos do século XII, como pertencente ao Mosteiro de Oia. Tamén está acreditado que o monte serviu de emprazamento de pezas de artillería, nas guerras con Portugal.
Tras a inclusión das sobreiras da Magdalena, o catálogo conta xa cun total de 179 elementos de 80 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:
Árbores
Formacións
Total
A Coruña
42
12
54
Lugo
32
6
38
Ourense
20
6
26
Pontevedra
47
14
61
Total
141
38
179
Cómpre lembrar que a través da inclusión dun exemplar ou formación dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras, búscase garantir a súa protección e conservación, ao entender que, debido á súa propia singularidade e características, merecen ser preservados e inventariados a través desta ferramenta de carácter administrativo.

|
|
Árbores |
Formacións |
Total |
|
A Coruña |
42 |
12 |
54 |
|
Lugo |
32 |
6 |
38 |
|
Ourense |
20 |
6 |
26 |
|
Pontevedra |
47 |
14 |
61 |
|
Total |
141 |
38 |
179 |
Cómpre lembrar que a través da inclusión dun exemplar ou formación dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras, búscase garantir a súa protección e conservación, ao entender que, debido á súa propia singularidade e características, merecen ser preservados e inventariados a través desta ferramenta de carácter administrativo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149