AS NEVES
O Partido Popular trasladará ao Congreso o rexeitamento de Arbo e As Neves á liña de alta tensión
Deputados nacionais reuníronse co alcalde Horacio Gil, que amosa a súa preocupación polos prexuízos para as persoas e para o territorio que suporá unha nova liña
O Partido Popular de Pontevedra trasladará ao Congreso dos Deputados o rexeitamento de Arbo e As Neves ao trazado na liña de alta tensión. Así o acordaron na reunión que mantiveron en Arbo, Ana Pastor, Diego Gago e Juan Constenla, co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que decidiron presentar unha pregunta oral na comisión de Cambio Climático e Transición Ecolóxica para trasladar a preocupación dos veciños destes dous concellos polos prexuízos para as persoas e o territorio que provocará a instalación dunha nova liña de alta tensión, cun trazado moi próximo ás vivendas de dúas parroquias destes concellos. Ademais, sinalan que por Arbo xa pasan varios tendidos de alta tensión e, por iso, apelarán á sensibilidade do Goberno para atender as reclamacións xustas dos veciños de Arbo e As Neves.
Xunto á liña de alta tensión, Horacio Gil recoñece que hai outras cuestións que preocupan ao Concello de Arbo, como son a mellora das comunicación de Renfe ou a apertura da ponte internacional. O rexedor popular amosa a súa indignación pola apertura parcial e insuficiente do paso transfronteirizo de Arbo a Portugal, que obriga a que moitos dos traballadores deste concello e transporte pesado teñan que facer percorridos de ata 200 quilómetros para cruzar pola ponte de Tui e poder desenvolver a súa labor profesional. Desde o PP reclaman que, cumprindo as restricións sanitarias, abran a ponte de Arbo para que as persoas que poidan moverse por cuestións xustificadas eviten desprazamentos quilométricos, gastos innecesarios e graves prexuízos na conciliación.
Por último, no que respecta ás frecuencias de tren, o PP lamenta que unha comarca importante estea incomunicada con tan só dous trens diarios, e tamén denuncia o estado ruinoso da propia estación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49