Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

Hoxe comenzan a realizarse mas farmacias de Mos tests de saliva entre os adolescentes

Dende hoxe as 6 farmacias de Mos farán tests de saliva entre os adolescentes para detectar casos positivos de Covid-19. Trátase de todas as farmacias existentes no municipio que comezarán a realizar a proba hoxe luns día 12 de abril.

 

As 6 farmacias mosenses, a de Mos, Puxeiros, Rebullón, Peinador, Sanguiñeda e Pereiras, comezarán o lúns

 

Desde as farmacias lembran que os tests poderán ser realizados por moz@s de 12 a 17 anos que deberán acudir persoalmente e aportar DNI e tarxeta sanitaria. Ademais de facilitar un teléfono móvil xa que se o resultado é negativo recibirán un SMS comunicádollo e se é positivo serán citados para PCR.

 

Tamén piden que os/as interesados/as en facer a proba non acodan todos o propio luns, senón que o fagan escalonadamente pois haberá tempo de sobra para realizar este cribado. Así mesmo insisten en que non deben achegarse para levar a cabo o test aqueles moz@s que teñan síntomas da COVID-19.

 

O procedemento consiste na recollida de saliva na casa e entrega na farmacia.

 

Testar ao maior número de xente posible para detectar canto antes a persoas contaxiadas e illalas. Ese é o obxectivo do SERGAS e da Consellería de Sanidade no que colaboran as farmacias, entre elas as 6 farmacias mosenses, o 100% das existentes no Concello de Mos, polo que a colaboración dos/as farmacéuticos/as deste municipio é máxima.


 

Como funcionarán?

O proceso é sinxelo. As boticas que se uniron á iniciativa terán dispoñibles os kits de saliva para a recollida de mostras, que se lle facilitarán a todos @s moz@s que voluntariamente queiran participar.

 

Cales son os requisitos?

Esta proba está dirixida ás persoas de entre 12 – 17  anos con tarxeta sanitaria. A iniciativa non está contemplada para persoas con síntomas, só para asintomáticos.

 

Cales son os pasos para seguir?

 

Aqueles cidadáns que cumpran os requisitos pódense dirixir a unha das farmacias adheridas. O farmacéutico daralle un tubo que leva un código de barras. A mostra deberase recoller á primeira hora da mañá, en xaxún e antes de lavarse os dentes. Hai que entregala na farmacia antes das 10.30 horas.

 

O farmacéutico/a será o encargado de recoller a mostra e rexistrala no sistema, tamén lle pedirá o número do teléfono ao paciente. A distribución farmacéutica levarao ao laboratorio. Se o resultado é negativo, a persoa recibirá un SMS no móbil, pero se é positivo citaráselle para facer unha PCR nasofaríngea.

 

Onde e cando?

Desde o próximo lúns día 12 de abril nas 6 farmacias de Mos

 


FARMACIAS DE MOS

 

• María Elena Villar López.  Carretera Porriño-Redondela, 160. Tlf. 986336013

 

• Irene Sánchez Otero.  Avenida do Rebullón, 1 - Alto de Puxeiros. Tlf. 986487094

 

• Leónides Vázquez Fernández.  Avenida do Rebullón, 30 - Tameiga. Tlf. 986486245

 

• Francisco Javier Carrillo Lema.  Carretera Peinador - Os Valos, 3 – Torroso. Tlf. 986486550

 

• Rodríguez Miralles C.B.  Avenida Sanguiñeda, 96 Tlf. 986330330

 

• Mercedes Abellás Rosende.  Carretera Porriño - Gondomar, 50 – Pereiras. Tlf. 986333487

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.