Lunes, 23 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación lanza o Terceiro Plan de Dinamización dos Viveiros de Empresas

Con obxectivo de seguir a potenciar os viveiros de empresas de Barro e Lalín, a Deputación de Pontevedra lanza o terceiro plan de dinamización, ao que destinará máis de 27.600 euros, que nesta edición estará enfocado a ofertar nunha carteira de servizos que dean valor engadido aos proxectos que xa se atopan nos viveiros, amais de emprender novas accións para o fomento do emprendemento e a posta en marcha de iniciativas innovadoras e sostibles

 

Tanto o viveiro de Barro como o de Lalín contan xa cun alto número de empresas nas súas instalacións que, con este III Plan de Dinamización, traballarán tamén no compromiso da Deputación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que estarán presentes no deseño, implementación, contido e avaliación de todas as accións que se leven a cabo.

 

Á consecución destes obxectivos súmase un ano máis a Fundación Roberto Rivas, que colaborará co ente provincial participando ao través dun convenio en varias das accións formativas do proxecto, de maneira máis específica na comarca do Deza. Tanto a Deputación como a Fundación Roberto Rivas consideran prioritario o fomento do emprendemento na provincia así como a aposta por iniciativas que dean prioridade á sustentabilidade e o desenvolvemento comunitario e rural.

 

Actividades formativas

Para acadar as metas propostas levaranse a cabo oito accións formativas no marco deste III Plan de Dinamización dos Viveiros. A achega da Fundación Roberto Rivas empregarase para cofinanciar un Programa de Apoio ao Emprendemento Rural, que se realizará on line; o espazo "Territorios emprendedores", un punto de encontro no que debater, experimentar e innovar dende e para o territorio; a acción divulgativa "ODS  e empresa: aposta de futuro"; e a sesión "Pensando en circular. Deseño de produtos/servizos", na que se abordarán temas como a economía circular e o eco-deseño. Ademais, a Fundación participará de xeito activo na campaña promocional "Descubre o espazo interior" e na acción "Coñece os Viveiros", organizando unha visita-coloquio ao Viveiro de Lalín.

 

Dentro deste plan de dinamización tamén se levarán a cabo unha "Atención aos viveiristas: seguimento e apoio ao proxecto emprendedor" así como actividades de apoio e colaboración con outras entidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.