Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 12 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha esta semana outros cinco obradoiros online

Ata o 15 de abril o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre eventos en liña, blogs, sustentabilidade ou creación dunha páxina profesional

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como emitir un evento en liña de xeito profesional – divido en dúas xornadas-, como mellorala presenza promocionando as entradas do teu blog, como mellorar a sustentabilidade dun establecemento turístico e de como crear unha páxina profesional.

 

En concreto, este martes 13 impartirase o obradoiro “Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VII – Crea con Canva e Photopea”, estarán a cargo de Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos artísticos de Deseño Gráfico, quen falará da importancia dunha boa estratexia de comunicación empresarial en liña. No mesmo día, Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro “Mellora a túa presenza en liña promocionando as entradas do teu blog”.

 

O mércores 14, Mariana Rosa, Graduada en Turismo, impartirá “Como mellorar a sustentabilidade do teu establecemento turístico”, obradoiro que plantexará a definición de Turismo Sostible, falará da Axenda 2030 e das boas prácticas no eido do turismo.

 

Para finalizar a semana, o xoves 15, será a quenda de “Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VIII – OBS III” a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará de todo o relacionado coa comunicación empresarial en liña. Por último, María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá un taller titulado “Crea unha páxina profesional con WordPress I”, e falará das posibilidades que ofrece esta ferramenta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.