MOS
A plataforma ‘A Auga é Vida’ renova a súa dirección
A plataforma “A Auga é Vida”, constituída por distintos colectivos veciñais e persoas implicadas a título individual coa defensa dos recursos naturais do concello de Mos, elixiu nova portavocía nunha xuntanza. A reunión serviu para designar un novo órgano colexiado de dirección, no que están representadas varias das traídas de augas afectadas polo proxecto de construción dunha gran superficie comercial na parroquia de Tameiga.
As restricións sanitarias condicionaron durante o último ano toda a actividade da plataforma, que optou pola prudencia e renunciou á convocatoria de grandes mobilizacións atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias. Dende a nova dirección queren reivindicar a "sensatez que amosou a veciñanza durante todo este tempo" e lamentan a "actitude irresponsable do Concello de Mos, que en plena pandemia promoveu eventos multitudinarios aos que foron convidadas decenas de persoas, como a inauguración das instalacións, aínda inacabadas" , da Cidade Deportiva do Real Club Celta. Este tipo de actos foron utilizados polo goberno municipal, ademais, para lanzar novos ataques contra as persoas e colectivos que se manifestaron en contra da especulación no monte comunal.
Accións reivindicativas
De cara aos próximos meses, e mentres non se produza unha normalización da situación sanitaria, aseguran que "seguirase evitando a convocatoria de concentracións que requiran a presenza física dun número elevado de persoas, pero vanse retomar as accións reivindicativas encamiñadas a poñer en valor os recursos naturais do monte e concienciar sobre a ameaza que supón a construción dunha gran superficie nuns terreos que, de acordo coa normativa urbanística vixente, teñen a cualificación de protección forestal". Para a plataforma, "non se trata só de evitar a destrución dunha das principais áreas verdes do concello, senón de preservar os mananciais situados na contorna natural e garantir a calidade de vida da veciñanza".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184