MOS
11 usuarios do PIE do Concello de Mos especialízanse en programación de robots
Trátase de Unimate Robótica que lles está a impartir aos alumnos un curso de programación de robots industriais. Onte foron visitados pola alcaldesa, Nidia Arévalo e a concelleira Julia Loureiro
11 usuarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos están a realizar un curso de programación de robots industriais nas instalación da empresa Unimate Robótica, S.L. (Monte Faquiña). Onte foron visitados durante a súa formación pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, quenes destacaron “a importancia de accións formativas deste tipo, innovadoras, adaptadas á demanda industrial dos tempos actuáis, e moi vencelladas a un dos sectores máis potentes como é o da automoción; accións que representan un claro exemplo dunha formación para o emprego eficiente que permitirá realizar ao alumnado, a posteriori, unha búsqueda proactiva de emprego con altas probabilidades de éxito”.
Este curso comezou o 5 de abril e rematará o día 16 deste mesmo mes. En total son 40 horas de formación (20 teóricas e 20 prácticas). Está sendo realizado por 11 usuarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos con perfís científico-tecnolóxicos moi ligados a industria 4.0, aos que se lles imparten os coñecementos necesarios para desempeñarse a nivel profesional no mundo da robótica industrial coñecendo as tecnoloxías máis actuáis asociadas ao robot.
Nesta formación dáselle unha gran relevancia á parte práctica, xa que o contacto do alumno co robot é o mellor método para aprender e entender o mundo da robótica, simulando probemas reais que aparecen no traballo diario con robots. Os docentes cos que contan os alumnos deste curso son destacados técnicos especializados, profesionais desta área industrial, con ampla experiencia en proxectos de robótica das principais empresas do sector da automoción.
Con este curso o alumnado adquirirá unha sólida base de coñecementos e práctica para a programación de robots industriais. Especialmente deseñado para persoas vencelladas ao mundo das novas tecnoloxías, a automatización, e a robótica industrial; estudantes de informática, electrónica, electricidad, organización industrial… e todo tipo de perfís derivados da educación técnica.
Esta é a sexta edición do programa, iniciado no ano 2014-15, pero anteriormente houbo outros dous programas integrados. En todos eles acadouse o obxectivo de inserción comprometido (45%), o cal se elevou con creces a maioría dos anos, chegando a entre un 70% - 80%
O VI Programa Integrado de Emprego 2020-21 prolongarase ata o 8 de novembro de 2021, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con 250.000 €. O custo total do proxecto é de 313.283,21 €, polo que o Concello asume o importe non subvencionado.
Esta é a sexta edición do programa, iniciado no ano 2014-15, pero anteriormente houbo outros dous programas integrados anteriores. En todos eles acadouse o obxectivo de inserción comprometido (45%), o cal se elevou con creces a maioría dos anos, chegando a entre un 70% - 80%.
O Programa do ano 2020 estivo marcado pola actual situación de crise xerada pola COVID-19, e neste ano 2021 a situación desta crise non mellorou, polo que o desenvolvemento deste VI Programa Integrado de Emprego está marcado por accións adaptadas a esta situación, fomentándose na medida do posible actuacións que permitan que os participantes poidan en todo momento estar atendidos e participar tanto presencialmente como de forma non presencial, nas mellores condicións.
Os obxectivos do programa son a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.
Participan no programa, 30 persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades: persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) e persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, e 70 persoas dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas; persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI); mulleres desempregadas; persoas desempregadas de longa duración. A porcentaxe de menores de 30 anos (con cualificación e sen cualificación) que se interesaron polo programa foi importante (o 53%).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184