PROVINCIA
A Xunta investiu máis de 287.000 euros na climatizaciónda Audiencia Provincial
As actuacións encádranse no Plan de Eficiencia Enerxética nos edificios xudiciais galegos, que conta cun orzamento de máis de 6 millóns de euros
O director xeral de Xustiza puido comprobar hoxe as actuacións levadas a cabo pola Xunta nas dependencias da Audiencia Provincial de Pontevedra, cunha inversión de máis de 287.000 euros na súa mellora enerxética e en obras de climatización. Na visita, Juan José Martín, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, reuniuse co presidente do organismo provincial, Javier Menéndez, e co fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro.
As obras no edificio xudicial consistiron na substitución de 55 fiestras de madeira, na colocación de 740 lámpadas led e 461 luminarias e na reparación e pintado de 111 contraventás, así como na mellora das fiestras e falsos teitos.
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, comprobou hoxe as melloras nunha visita ás dependencias xudiciais na que tamén se reuniu co presidente da Audiencia Provincial, Javier Menéndez, e co fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro
Con estas actuacións, as emisións de CO2 vanse reducir nun 11,4% e o consumo enerxético global das instalacións será un 18% menor.
A actuación encádrase no Plan de mellora enerxética dos edificios xudiciais galegos, dotado con máis de 6 millóns de euros e cofinanciado con fondos Feder da Unión Europea. Con estas actuacións, a Administración autonómica leva a cabo medidas destinadas ao aforro enerxético e á redución de emisións de CO2 nos edificios xudiciais, con novas lámpadas de baixo consumo e reguladores de iluminación, con sistemas de calefacción e climatización máis eficientes e con actuacións na envolvente dos edificios, sobre todo na mellora do illamento das cubertas, fachadas e fiestras.
O plan forma parte das actuacións emprendidas pola Xunta de Galicia para a mellora da eficiencia enerxética nos edificios públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58