VIGO
Fernández-Tapias supervisa as obras da futura sede do consorcio Casco Vello de Vigo
A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta de Galicia sinala que o local, preto do Paseo de Alfonso, contribuirá a dar unha maior visibilidade ao organismo
A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, desprazouse hoxe ata o número 45 de Ferrería para supervisar o inicio das obras da que será a futura sede do organismo rehabilitador. Un local de preto de 70 metros cadrados que albergará as oficinas desta entidade, participada nun 90% pola Administración autonómica e nun 10% polo Concello de Vigo.
Segundo detallou, pola súa situación, moi próxima ao Paseo de Alfonso e polo feito de situarse en planta baixa, o local elixido como sede permanente do CCVV contribuirá a dar unha maior visibilidade que as instalacións actuais e a mellorar a accesibilidade, ao atoparse nunha planta baixa.
Por outra banda, indicou que o emprazamento axústase ás esixencias dos estatutos (uso administrativo destinado a oficina) e é congruente cos obxectivos de rehabilitación integral do conxunto histórico, incorporando usos compatibles co de residencia.
Asemade, Fernández-Tapias defendeu que a ocupación dun local en propiedade outorga maior seguridade ao non depender dunha autorización supeditada ao interese municipal. Neste senso, recordou que dende a súa constitución o CCVV non dispuxo dunha sede definitiva, ocupando a cedida provisionalmente polo Concello de Vigo na praza da Princesa . Tal circunstancia provocaba que periodicamente se tivera que subscribir un convenio que permitía o uso do inmoble, condicionado ás necesidades municipais que puideran requirir en calquera momento a súa reversión, argumentou.
Asemade, indica que a decisión de ocupar un baixo en propiedade outorga maior seguridade ao non depender dunha autorización supeditada ao interese municipal
Como exemplo, a presidenta do CCVV referiuse ao feito de que, dous meses despois de aprobar a derradeira cesión de uso do inmoble que ocupa na actualidade aprobouse un proxecto que obriga a suspendelo, en clara referencia ás obras de reforma integral anunciadas polo Concello. Entende, polo tanto Fernández-Tapias, que esta era a mellor solución para evitar esta situación de dependencia e incerteza é destinar un dos locais propiedade do Consorcio para a nova sede.
Características
En canto ás características do local, indicou que as proporcións son similares ás actuais e que as obras que se precisan son as mínimas para o seu acondicionamento, por un importe que non supera os 26.000 euros e que inclúen os gastos derivados do traslado. O prazo de execución das obras estímase nun mes.
Segundo informou, os traballos consistirán na instalación dun novo recrecido e pavimento de formigón pulido, un falso teito acústico desmontable e un aseo adaptado. Asemade, renovaranse as instalacións eléctricas, de fontanería, saneamento, telefonía e ventilación. En canto ao chanzo exterior na porta de entrada, Fernández-Tapias indicou que se salvará cunha rampla móbil accesible posto que a fachada é un elemento a protexer segundo a normativa do PEPRI.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49