GALICIA
A partir de hoxe os establecementos poderán adherirse á campaña do bono activa comercio
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou onte nun webinario informativo con representantes do comercio galego
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo onte un webinario informativo con representantes do comercio galego para presentar o Bono Activa Comercio ao que, desde hoxe, xoves 15 de abril, se poden adherir os establecementos interesados.
“Trátase dunha medida necesaria no contexto actual, onde os efectos da pandemia en sectores como o comercio teñen un enorme impacto e requiren da reacción inmediata das diferentes administracións, así como de medidas de acompañamento”, asegurou Conde, quen engadiu: “Esta iniciativa de dinamización permitirá incrementar as vendas do comercio, ao tempo que os bonos de desconto outorgarán unha maior capacidade de compra aos consumidores”.
O vicepresidente económico, que destacou a colaboración da Federación Galega de Comercio nesta medida, explicou que conta cun orzamento de 10M€ que se repartirán en bonos de desconto de 30 euros dos que se poderán beneficiar ao redor de 330.000 clientes. Preténdese mobilizar 55M€ para dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade de toda Galicia e contribuír, deste xeito, á súa reactivación.
Este bono funcionará a través dunha aplicación móbil ofrecendo descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores a 30, así como descontos de 10 euros se son iguais ou supriores a 50 cun período de validez de tres meses desde o seu lanzamento, previsto para principios de maio.
Tal e como lembrou Conde, esta iniciativa forma parte do Plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego que contará con 20M€ en axudas para incentivar o consumo e apoiar a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña.
Súmase a outras actuacións como o Renove Electrodomésticos, a través do que se investirán 3M€ para que 20.000 fogares renoven os seus electrodomésticos e que os particulares poderán solicitar a partir da vindeira semana; ou o Bono Enerxía Peme e Comercio, cuxo prazo de solicitude comezou hoxe, e que apoiará tanto a mellora como a renovación dos sistemas eléctricos, iluminación ou climatización para incrementar a eficiencia enerxética. Para esta última iniciativa, resérvanse 3M€ cos que se agarda chegar en Galicia a 1000 pemes e autónomos do comercio, a hostalería e as actividades artísticas, recreativas e de entretemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58