Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Juáncho presenta no Pazo “Na procura do medo esquecido”

Editado por Galaxia, trátase dun libro homenaxe aos seres que levan dando medo durante moitos séculos

Esta tarde celebrouse no Pazo de Mos a presentación do libro “Na procura do medo esquecido” Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas de Galicia, á que asistiron Juáncho, autor da obra (de ascendencia mosense), Diego Giráldez, escritor da Editorial Galaxia, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e Sara Cebreiro, concelleira de Participación Cidadá e Cultura e Turismo.

 

Foi un acto moi emotivo pois ademais do libro, Juáncho falou das súas raíces mosenses, dos seus avós María e José que rexentaban a "Panadería de José Vicente" en Sanguiñeda e de moitas máis cousas incribles relacionadas co libro e con Galicia.

 

A obra: “Na procura do medo esquecido”

Perder o medo é un exercicio inútil de soberbia porque sempre nos rolda. Nesta obra réndese homenaxe a algúns deses seres que levan dando medo durante moitos séculos e hoxe vagan polo noso esquecemento. A natureza aparece como protagonista, pois pon o escenario, a luz e os personaxes principais no seu deambular polas nosas almas. Nas encrucilladas acotío moitos ollos presencian, e logo contan, o que acontece. Feitos extraordinarios narrados dun xeito sinxelo, directo e coloquial.

 

O autor:

Juáncho é licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo (2004) e conta co Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Publicitaria da Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense (2001). Nacido no Porriño en 1977, dende cativo foi unha persoa moi inqueda e gustoulle relacionarse coa cultura, a arte e a ilustración. É un apaixonado do debuxo e da banda deseñada, e de aí que, en 1996, fundase e coordinase un fanzine que dinamizou dende O Porriño, e que contou con colaboracións de artistas de toda Galiza. Era o Comikaze, unha publicación aperiódica de BD que se prolongou ata 2005. Ao longo das súas oito edicións, o fanzine chegou a albergar colaboracións de artistas da categoría de Emma Ríos e tentou ser soporte para dar visibilidade a novos talentos. Crea, en 2008, un estudio de comunicación (publicidade e ilustración) no Porriño, que leva por nome: “juáncho DEBUXA & DESEÑA”. Nestes máis de dez anos traballou e colaborou con clientes de distinta entidade e natureza como a Universidade de Vigo, o Festival de Cans, o Festival Reperkusión, a Festa da Rosa, a Festa de Arde o pazo, e mesmo o disco-libro, María Fumaça.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.