VIGO
Fernández-Tapias pon o foco nas políticas en materia de vivenda
Sinala que o Executivo autonómico non é alleo ao impacto que tivo e segue a ter a Covid-19 sobre a economía doméstica, con apoios específicos para paliar seus efectos
A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, defendeu onte a importancia de facilitar o acceso á vivenda, especialmente nun contexto de especial vulnerabilidade para as familias por mor da Covid-19, e por iso pon o foco de atención nas políticas que nesta materia se identifican como parte das liñas estratéxicas da xestión do Goberno autonómico.
Precisamente e a este respecto, Fernández-Tapias destacou o especial esforzo que realizará o Goberno galego este ano mobilizando preto de 10 millóns de euros en axudas directas a particulares para o alugueiro a través dos catro programas que se teñen activados.
Neste sentido, apuntou que os colectivos específicos con escasos recursos económicos poden solicitar ata o vindeiro 30 de abril as axudas dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da súa vivenda habitual. Esta convocatoria, enmarcada no Plan estatal de vivenda 2018-2021, conta cunha dotación global de 2,27 millóns de euros.
A representante autonómica indicou que este programa conta con dúas liñas diferenciadas. Especificou así a destinada á poboación en xeral, sendo o importe de 200 euros agás para maiores de 65 que aumentaría ata os 250 euros; e a dirixida a menores de 35 anos, cunha subvención de 250 euros. A duración en ambos os dous casos será dun ano.
Outra das liñas abertas ás que fixo referencia é a destinada a apoiar a todas aquelas unidades de convivencia con dificultades á hora de facer fronte ao pago das rendas mensuais, derivadas neste caso do impacto que tivo e segue a ter a Covid-19 sobre a economía doméstica. Un programa que, tal e como recordou, se reedita por segundo ano consecutivo e conta cun orzamento inicial de 2 millóns de euros. Deste modo, os beneficiarios, que terán ata o vindeiro 30 de setembro para cumprimentar a súa solicitude, recibirán unha subvención de ata 500 euros mensuais durante un máximo de seis meses consecutivos.
A delegada territorial da Xunta destaca o esforzo que realizará o Goberno galego mobilizando preto de 10 millóns de euros en axudas a particulares para o alugueiro
Sobre esta orden, a delegada subliñou que introduce unha serie de cambios respecto á convocatoria do 2020 co fin de simplificar o proceso, facilitando aos cidadáns a presentación das solicitudes e axilizando a súa tramitación administrativa.
Ademais destas liñas, das que Fernández-Tapias recordou que o pasado ano se beneficiaron 5.000 galegos no primeiro caso e máis dun milleiro no segundo, a delegada destacou outros dous programas de axudas directas en materia de alugueiro, o Bono de alugueiro social, que se puxo en marcha no 2015 para atender con carácter urxente ás unidades de convivencia vulnerables e con dificultades para manter os seus fogares; e o Bono de alugueiro para vítimas de violencia de xénero, impulsado co mesmo fin pero dirixido a un colectivo especialmente sensible neste sentido.
A delegada territorial recordou que estas medidas forman parte do Pacto Social pola Vivenda 2021-2025 ao que o Goberno galego destinará 443 millóns de euros e que será a folla de ruta a seguir en materia residencial no próximo quinquenio, co obxectivo de mobilizar, entre fondos propios e privados, uns 1.080 millóns de euros para soster 30.000 empregos.
Segundo dixo, estamos a falar dun conxunto de preto de 50 medidas e iniciativas, algunhas novidosas, coas que se pretende incentivar a adquisición de vivenda, a rehabilitación ou a rexeneración dos espazos urbanos, pero cunha especial atención ás axudas ao alugueiro.
Esforzo inversor con Vigo
Xa por último, a representante autonómica, que fixo estas declaracións nunha visita á rúa de Ignacio Grobas na que a Xunta constrúe as 33 vivendas de promoción públicas que foron adxudicadas o pasado mes de outubro e que serán recepcionadas en breve, recordou que os orzamentos autonómicos do 2021 apostan por un importante investimento en materia de vivenda pública na cidade de Vigo.
A oferta de vivenda pública en Vigo complétase co impulso do ámbito residencia de San Paio de Navia, ao que se destinan máis de 12,5 millóns de euros que inclúen, destacou Fernández-Tapias: 8 millóns para a construción de 1.600 vivendas ; 3,8 millóns de euros para continuar co intenso labor de rehabilitación da Xunta no casco vello, que ve duplicado o seu investimento con respecto ao actual exercicio; e os 1,34 millóns que se destinan á construción das 62 vivendas de promoción pública que a Xunta está a finalizar nas rúas Canicouva e Ignacio Grobas -a inversión en conxunto alcanza os 8,42 millóns de euros-.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49