GALICIA
O novo modelo de residencias atenderá ás necesidades evidenciadas tras a pandemia
O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta semana nunha mesa redonda organizada por EAPN sobre este tema
O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou que o novo modelo de residencias “atenderá as necesidades evidenciadas tras a pandemia da covid-19 e mellorará estes servizos para a nova era que comeza”. Así o manifestou durante a súa intervención na mesa redonda organizada por EAPN baixo o título ‘Experiencias de mayores durante la pandemia: la necesidad de un cambio en el modelo sociosanitario’, na que participaron as conselleiras da área social de Asturias e o País Vasco.
Antón Acevedo sostivo que entre os obxectivos deste novo modelo estará unha maior coordinación sociosanitaria, melloras arquitectónicas e a aposta pola tecnoloxía. Un proxecto no que xa está a traballar o comité asesor sociosanitario creado nos últimos meses polo Goberno galego e no que participan persoas de todos os ámbitos implicados.
O seu obxectivo será lograr unha maior coordinación sociosanitaria, melloras arquitectónicas e apostar pola tecnoloxía
O director xeral apuntou que este novo modelo buscará extraer todas as leccións e experiencias vividas nos últimos meses nas residencias, ampliar a participación de todos os axentes implicados nos coidados das persoas maiores e lograr así do máximo consenso.
Xornada de Agasede
Antón Acevedo participará tamén esta tarde nunhas xornadas organizadas pola Asociación Galega do Sector da Dependencia (Agasede) co título ‘Modelos de ACP, más allá del covid’ e á que tamén asistirán representantes e directivos de centros residenciais para tratar como mellorar a atención e crear centros que garantan o benestar das persoas maiores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58