Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

O Servizo de Orientación xestionou ata marzo 50 ofertas de emprego

Cinco persoas das 50 inscritas na Bolsa de Emprego Municipal incorporáronse ao mercado laboral

O Servizo de Orientación para o Emprego xestionou no primeiro trimestre deste ano 50 ofertas de emprego, ao tempo que no servizo de intermediación contactaron con preto de 30 empresas. Outra das actividades desenvolvidas foi a impartición de obradoiros orientados a mellorar a busca de emprego.


Este servizo de orientación, situado no Centro Municipal de Formación en Guillarei, préstase previa cita. Nunha entrevista inicial realizan unha diagnose da situación persoal e profesional da persoa que acode, para orientala ben cara á Bolsa de Emprego Municipal ou cara outros recursos.  Precisamente nos tres primeiros meses do ano 50 persoas en busca activa de emprego se incorporaron a esta bolsa. Deste total 5 persoas accederon neste trimestre ao mercado laboral.


A concelleira de Formación e Emprego do Concello de Tui explicaba que “nestes momentos tan difíciles para o emprego o goberno municipal propúxose diminuír a taxa de desemprego do municipio”. En marzo produciuse un descenso no número de desempregados en Tui de 8 persoas con respecto ao mes de febreiro, situándose en 1.301 persoas das que  791 son mulleres e 510 son homes.


Dende o departamento de Formación neste trimestre – até o mes de xuño – teñen previsto impartir novos obradoiros dirixidos a persoas desempregadas empadroadas no municipio. En concreto serán Taller “Obxectivo profesional”; Taller “O Curriculum Vitae”; Taller “A entrevista de Traballo”  e Taller de “Ferramentas dixitais para a busca de Emprego”.


As persoas interesadas nestes obradoiros, en formar parte da bolsa de emprego municipal ou en solicitar cita para o servizo de orientación poden contactar co teléfono 986 60 32 28 ou co correo orientación@tui.gal.       

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.