Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 15 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos acolle o sábado o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021

Hoxe presentouse no Concello a competición autonómica organizada polo Club de Patinaxe Artístico Rosaleira de Mos

Esta mañá tivo lugar no Concello de Mos a presentación do Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021 organizado polo Club de Patinaxe Artístico Rosaleira de Mos (coa colaboración do Club Patín Vagalume Celtamotor) que se celebrará o vindeiro sábado, 17 de abril, ao longo de todo o día no Pavillón Óscar Pereiro.

 

Asistiron a esta presentación o coordinador de deporte escolar do Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Manuel Freire, o presidente da Federación Galega de Patinaxe (Comité de Artístico), Alberto Covelo; Rosa María Davila, presidenta do CPA Rosaleira de Mos, Beatriz Fernández Bahamonde, adestradora do CPA Rosaleira de Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e José Areal, concelleiro de Deportes.

 

O Campionato realizarase a porta pechada, sen público, e será retransmitido en directo vía streaming. Será unha competición totalmente adaptada e escrupulosa co cumprimento dos actuáis protocolos e medidas de prevención e loita contra a COVID-19.

 

Ademais do CPA Rosaleira competirán o sábado en Mos o Club Alquimia, o Club Fervello, o Club Balaídos, o Club Patín Vagalume Celtamotor e o Club Ribeira. Todos eles participarán con todas as súas categorías por idades.

 

Desde o Concello de Mos a rexedora local mosense agradeceulle “á Xunta de Galicia, Deporte Galego e Federación Galega de Patinaxe, a posibilidade brindada de acoller no municipio este Campionato Galego e ao Club Rosaleira polo gran labor como organizador e anfitrión” e aproveitou para mandarlle “moito ánimo aos clubes, así como felicitalos, por soportar estoicamente este último período de inactividade obrigado pola crise sanitaria”, esperando por outra banda, “que este sexa o primeiro de moitos campionatos e competicións e que as circunstancias comecen por fin a mellorar para poder empezar a recuperar pouco a pouco a actividade deportiva normal do Concello de Mos”, declarou Arévalo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.