Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 17 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Segunda Comisión de Seguemento do Procedemento de Valoración Catastral en Mos

Analizouse a posible vía legal de recurso ante a ponencia de valores, así como abordáronse diversos outros puntos dentro da orde do día que inclúen unha serie de medidas para tentar reducir o impacto deste novo Procedemento de Valoración Catastral nos petos dos mosenses

Esta semana celebrouse a segunda xuntanza da Comisión de Seguemento do novo Procedemento de Valoración Catastral. A primeira tivo lugar o pasado 2 de marzo despois de que esta Comisión de Seguemento fose constituída no Pleno do 22 de febreiro como parte da moción presentada ‘in voce’ con carácter de urxencia polo goberno local para solicitar a moratoria dun mínimo de 2 anos do proceso (xa rexeitada por Catastro) e que foi aprobada por unanimidade pola totalidade dos membros da Corporación Municipal.

 

Na devandita Comisión participaron telemáticamente a alcaldesa, Nidia Arévalo, os voceiros/as dos 4 grupos integrantes da Corporación, a concelleira non adscrita, Verónica Costas, o Secretario e Tesoureira municipais.

 

Nesta sesión deuse conta dos avances realizados nos últimos días de traballo conxunto entre a Alcaldía, Secretaría e Tesourería municipais, e analizouse a posible vía legal de recurso ante a ponencia de valores, así como abordáronse diversos outros puntos dentro da orde do día que inclúen unha serie de medidas para tentar reducir o impacto deste novo Procedemento de Valoración Catastral nos petos dos mosenses. 

 

Deste xeito, na Comisión de Seguemento desta semana, ademáis de procederse ao estudo do informe xurídico sobre as posibles vías de recurso do procedemento simplificado de valoración catastral, abordouse a intención de solicitude ao ORAL dun aprazamento da liquidación dos exercicios pasados e da modificación da Ordenanza Fiscal Xeral de Xestión para ampliar a posibilidade do fraccionamento do pago do IBI sen intereses. Tratouse o estudo por parte do Concello de posibles bonificacións a aplicar por parte do ORAL e fíxose unha análise da posible redución das valoracións do solo. Por último, anunciouse a modificación da Ordenanza Fiscal do IBI para a redución do tipo impositivo ao mínimo, e a realización dun estudo da redución da Ordenanza Fiscal de Vehículos de Tracción mecánica. Así tentarase paliar o impacto nos bolsillos dos mosenses.

 

Durante toda esta semana, desde o pasado luns 12 de abril, lévase producido unha avalancha de veciños na oficina municipal de información sobre Catastro do Concello de Mos. A administración local mosense destina desde dita data dúas traballadoras municipais (a arquitecto técnico e unha administrativo) á información pública sobre a nova revisión catastral pola que Catastro realiza unha ponencia de valores do chan e das edificacións aumentando notablemente o importe do IBI aos mosenses. Catastro xa enviou máis de 2.000 cartas a contribuíntes de Mos notificando a revisión e media diaria de persoas atendidas en Mos desde o luns en horario de 09.00 horas a 14.00 horas é dun cento.

 

Catastro irá realizando o envío fraccionado e progresivo destas cartas informativas aos contribuíntes mosenses, a razón dunhas 2.000 cartas por semana ata chegar ás 13.381 destinadas á veciñanza de Mos (correspondentes ao número de fincas afectadas). As desta semana xa saíron e están a ser recibidas e a semana que ven recibiranse 2.000 máis.

 

A Dirección Xeral de Catastro decidiu engadir as construccións á ponencia de valores do chan en Mos, aumentando aínda máis a subida do IBI aos mosenses. Así mesmo rexeitou o acordo plenario unánime de solicitude de moratoria e decidiu incluír as edificacións sen anunciarllo ao Concello.

 

O Catastro non só denegou solicitude da Corporación de Mos ao completo, aprobada por unanimidade en Pleno o pasado mes de febreiro, de retirada do anuncio de revisión do relatorio de valores do municipio e unha moratoria de dous anos desta revisión colectiva, impulsada pola Dirección Xeral de Catastro do Ministerio de Facenda, para evitar que a veciñanza teña que enfrontarse a un aumento do Imposto de Bens Inmobles este ano. Se non que ao anuncio da ponencia de valores do chan engadiron tamén a actualización de valores das edificacións, a pesar de que xa realizaran unha ponencia deste tipo hai poucos anos. Esta actualización que afecta as construcións non se comunicou ao Concello nin se anunciou de ningún modo, senón que a administración local mosense decatouse de casualidade por terceiras persoas que teñen acceso á devandita información.

 

Dada a gravidade do asunto, que a moitas familias supoñeralles centos de euros máis ao ano, e que se iniciou de forma unilateral por Catastro, desde o Concello encargouse un informe xurídico para estudar a posibilidade de recurso.

 

Desde o Concello de Mos laméntase enormemente que, no medio dunha situación terrible para moitas familias, no medio dunha pandemia e unha crise económica, decídase subir desta forma os impostos á cidadanía con este catastrazo que ademais ten efectos retroactivos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.