Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 15 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta e Concello de Mos completarán rede de saneamento de Pereiras

O Executivo autonómico asume o seu compromiso de financiar o 75% das obras de saneamento desta parroquia

O Consello da Xunta autorizou a colaboración técnico-financeira da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co Concello de Mos para completar e rematar a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, que suporá un investimento autonómico de 430.000 euros.

 

Con este acordo, o Executivo autonómico dá luz verde ao acordado co Concello, que en decembro de 2019 executou xa parte da rede de saneamento na zona sur desta parroquia, financiada integramente pola entidade local. Deste xeito, a Xunta asume o seu compromiso de financiar o 75% das obras de saneamento desta parroquia.

 

A Xunta asumirá o custo desta nova fase dos traballos, que serán financiados no marco do eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á covid-19.

 

As obras, que se licitarán nas vindeiras semanas, contan cun prazo de execución de 4 meses.

 

Actuacións que se levarán a cabo
O concello de Mos pertence ao Consorcio do Louro e dirixe as augas residuais do concello á estación depuradora de augas residuais de Guillarei. A parroquia de Pereiras divide a súa rede de saneamento en zona norte e zona sur, quedando pendente de completar toda a zona norte e parte da sur non executada.

 

 

 

 

A Xunta asumirá o custo desta nova fase dos traballos, que serán financiados no marco do eixe REACT-UE do programa FEDER Galicia 14-20, como parte da resposta da UE á covid-19

 

 

 

 

Segundo o proxecto redactado por Augas de Galicia, as actuacións que se levarán a cabo para completar a rede de saneamento da parroquia de Pereiras dividiranse en dúas zonas.

 

Na zona norte proxéctase un colector principal, cunha lonxitude duns 593 metros en PVC 315 mm, e un colector secundario, cunha lonxitude de 178 metros, en tubaxe de PVC 315 mm. Executaranse tamén 35 pozos.

 

Na zona sur, completarase a intervención coa execución de 1.052 metros de tubaxe de PCV 315 mm e un total de 46 pozos.

 

Os traballos completaranse coa reposición dos firmes das vías que resulten afectadas.

 

Unha vez recibidas as obras polo Concello, o Consorcio do Louro asumirá a súa posta en servizo, explotación, mantemento e conservación.

 

Coa mellora proxectada servirase unha poboación de 96 habitantes na zona norte e 132 habitantes na zona sur.

 

O Goberno galego mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito máis eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

 

Na seguinte imaxe amósase a planta das actuacións extraída do proxecto construtivo:

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.