TUI
A Policía Local conta un vehículo eléctrico financiado pola Xunta
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na casa do concello á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto ao membros da corporación municipal de Tui. O obxecto da visita foi comprobar o funcionamento do vehículo eléctrico, un Hyundai Kona, adquirido polo concello de Tui grazas á achega de 38.349,74 deste departamento autonómico. O investimento realizado inclúe tanto o importe da adquisición do vehículo coma a instalación dun punto de recarga na nave municipal en Guillarei.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradecía a colaboración da Xunta de Galicia co Concello de Tui na compra deste vehículo eléctrico destinado á Policía Local. Con esta adquisición dicía o rexedor “buscamos renovar o parque móbil e adaptarnos á nova normativa medioambiental”. Salientaba coma a colaboración doutras administración, neste caso a autonómica, “é fundamental para mellorar o servizos públicos”. Agradecía Enrique Cabaleiro a xestión realizada pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e amosaba a disposición municipal a colaboración en todo aquilo que sexa necesario.
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicaba que a axuda para a adquisición deste vehículo eléctrico financiouse con cargo ao fondo de compensación Ambiental.
O mandatario tudense e a directora xeral aproveitaron tamén o encontro para abordar outros temas de índole local relacionados coa xestión deste departamento autonómico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149