Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 19 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda iniciará accións xudiciais contra Telefónica

O Concello de Salceda de Caselas deu traslado ao seu departamento xurídico da situación do poste de teléfono da estrada Portela-Maceira no que recentemente se produciu un accidente de tráfico, para iniciar as accións xudiciais pertinentes ante este caso.


No verán do pasado ano 2020, cando o Concello xa tiña aprobado o proxecto de mellora da mencionada estrada, Telefónica procedeu á instalación desta nova liña sen a pertinente licenza municipal, colocando o poste na zona de actuación do proxecto. Unha vez que o Concello quixo iniciar as obras no mes de outubro e se percatou da existencia do mencionado poste, enviou comunicación a Telefónica solicitando a retirada do mesmo, e incidindo na perigosidade da situación, pois co ensanche da estrada o poste quedaba colocado despois dunha curva con moi pouca visibilidade. A mencionada petición non foi atendida, e o Concello tivo que rematar a obra deixando o poste na zona do asfalto mentres se seguía reiterando a petición a Telefónica.


A semana pasada, un vehículo chocou co poste, e a imaxe correu polas redes sociais facendo responsable ó Concello do acontecido, descoñecendo a situación verdadeira. Ante este acontecemento, e co obxectivo de evitar que se volva producir outro accidente, o Concello volveu colocar e reforzar a sinalización do lugar, e deu traslado da situación ao departamento xurídico que está a traballar xa nas accións que se poidan levar a cabo.


Por outra banda deuse traslado a Telefónica do acontecido, urxíndolles a solucionar con urxencia unha situación que xa se prolonga durante máis de medio ano.


Xa noutras ocasións se tardou meses por parte de Telefónica en mover algúns postes en situacións similares, polo que dende o Concello se está a buscar a mellor solución para que isto non volva acontecer.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.