Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Domingo, 25 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Quince persoas incorporáronse a traballar ao concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

Nas últimas semanas quince persoas incorporáronse a traballar ao concello de Tui tras ser contratadas grazas á achega da liña 3 de “Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais” do Plan de Obras e Servizos-Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.


A incorporación aos seus postos de traballo tense realizado de xeito escalonado ao longo das últimas semanas.


Así foron contratadas 8 persoas coma peóns de desbroce durante oito meses cunha xornada parcial de 30 horas á semana. Amais a tempo completo e durante nove meses contratáronse a 1 oficial de segunda condutor, 2 oficiais segunda albanel,  1 oficial segunda cerralleiro – soldador, 1 oficial segunda carpinteiro e 2 animadoras turísticas para a Oficina de Turismo.  


As novas e novos traballadores foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, que lles deron a benvida á plantilla municipal. Explicáronlles amais o seu cometido nos próximos meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.