Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta licita as obras de mellora de firme nas estradas PO-510 e PO-400

Afectarán aos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar as obras de mellora do firme nas estradas PO-510 e PO-400, ao seu paso polos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros.

 

A Plataforma Contratos Públicos de Galicia publica  a licitación deste contrato ao que as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 18 de maio.

 

Na estrada PO-510 os traballos desenvolveranse entre os puntos quilométricos 0+000 e 15+750. Entre os puntos quilométricos 0+200 e 2+700, a estrada PO-510 atravesa o polígono industrial das Gándaras, polo que ten un importante tránsito de vehículos pesados. Para mellorar o seu estado, proxéctase un recrecido e unha ampliación da plataforma, ademais da posta a cota dos pozos de rexistro.

 

 

 

 

Na zona de Budiño, no Porriño, reconfigurarase a sinalización horizontal para permitir xiros á esquerda en camiños públicos que poidan dar servizo aos veciños

 

 

 

 

Na estrada PO-400 a intervención acometerase entre os puntos quilométricos 2+300 e 4+800, efectuando o fresado e a reposición do firme. No treito entre os puntos quilométricos 2+300 e 3+900 executarase un reforzo do firme incrementando o paquete existente en toda a plataforma.

 

Tamén se aproveitarán estes traballos para reforzar a seguridade viaria co acurtamento dun dos terceiros carrís de adiantamento, nuns 100 m de lonxitude, a renovación dos captafaros e a disposición de balizas.

 

Ademais, na  zona de Budiño, no Porriño, reconfigurarase a sinalización horizontal para permitir xiros á esquerda en camiños públicos que poidan dar servizo aos veciños.

 

A Xunta continúa traballando na mellora e conservación da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.