REDONDELA
32m2, a traxicomedia sobre o confinamento, chega o sábado 24 a Redondela
A última creación de ButacaZero, compañía dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, propón unha obra de teatro absurdo que nace da experiencia do tándem artístico durante o encerro
ButacaZero levará esta fin de semana o seu novo espectáculo, 32m2, ao Multiusos da Xunqueira, en Redondela. A plataforma creativa dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira propón, a través dunha peza de teatro absurdo, unha viaxe cara un pasado recente “á fin de provocar unha catarse colectiva ante un acontecemento que marcou, e marcará, a vida da sociedade”: o encerro da pasada primavera.
A peza, que conta cunha banda sonora orixinal creada polo músico Rodrigo Cuevas, nace coa vontade de ofrecer unha ollada singular, reflexiva e “sandadora” sobre o confinamento. A través de elementos cómicos e tráxicos, 32m2 pon o foco sobre a convivencia habitual da sociedade coa precariedade e as desigualdades a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera “antisistema” e que habita con tranquilidade nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación e o país se transforma nunha HiberNación.
A nova produción de ButacaZero preséntase ao público a través dunha Xira confinada, unha serie de funcións que se desenvolverán en diferentes localidades galegas até o 20 de xuño. Logo da súa estrea en Vigo no mes o pasado 12 de marzo, a peza visitou localidades como Rianxo, Vilalba, Pontevedra, Muros, Vilagarcía de Arousa ou Cee. A parada desta semana é Redondela, na que se poderá ver o sábado 24, a partir das 20.30 horas, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira. Contra final de mes, o venres 30, haberá unha nova función na localidade de As Pontes de García Rodríguez. De cara ao mes de maio, no ecuador da xira, 32m2 visitará Santiago de Compostela, Gondomar, A Coruña e Ourense; mentres que en xuño fará o propio en Ferrol, Cedeira ou Tomiño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217