O PORRIÑO
Rematan os traballos de asfaltado realizadas en Torneiros
Os deputados provinciais, Santos Héctor e Ana Laura Iglesias, acompañados da alcaldesa do Porriño, Eva Garcia, do primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira e dos concelleiros Lourdes Moure e David Alonso comprobaron en Torneiros o resultado das obras de asfaltado realizadas polo Concello, sufragadas coa achega da Deputación de Pontevedra, a cargo do Plan Concellos 2020. Tamén participaron do percorrido Enrique Navarro, xerente e Lucía Barros, directora de obra da empresa "Fechi" que foi a contratada para executar os asfaltados.
En concreto, a achega da Deputación foi de 90.249 € que a xuízo do deputado provincial responsable de Cooperación cos Concellos "á vista do resultado, non podo dicir outra cousa máis que é un investimento moi ben feito". Santos Héctor valorou que "é unha actuación moi relevante para Torneiros que ten o 25% da poboación total do concello dos traballos", significou que serven para "mellorar o entramado urbano da parroquia" e "para garantir a seguridade vial".
Pola súa banda, a alcaldesa subliñou que os asfaltados realizados en diversas rúas de Torneiros "forman parte das actuacións de mellora e posta en valor desta zona". Eva Garcia agradeceu o traballo feito polo primeiro tenente de alcalde "na supervisión das actuacións" e recoñeceu "a capacidade que acredita Pedro Pereira". E por último, a alcaldesa deu as grazas, "moitas grazas á Deputación pola atención que ten co Porriño como sei que tamén o fai co resto dos concellos" e comparouna coa Xunta de Galicia que "fai un investimento de cero euros no Porriño".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186