DEPORTES
Doce galegos acuden ao nacional de Montaña-Trail Running
Un total de doce atletas son os que viaxarán esta fin de semana a terras cántabras para tomar parte na edición número dazaseis do Campionato de España de Montaña-Trail Running.
Ata o Concello de Liencres acudirán catro atletas do club S.D. Compostela quen estará representado por Paula Ramos, Brais Pérez, Iván Abeledo e Jordi Carrasco. Outro dos clubs presentes será a entidade lucense fundada no 2016 do C.D. Biosbardo que estará representada por Jonathan Pérez, Eneko Hurtado e Iván Sanguiao. Xunto aos citados, estarán tamén Esther Bouso do Club Samertolameu, Rubén Martínez do Atletismo Negreira, Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol, José Benito Gómez do Ourense Atletismo e o atleta independente Aythami López.
Entre a expedición galega cabe salientar a presenza do subcampión nacional máster 60 do ano 2019 Nemesio Gutiérrez.
A nivel estatístico o Concello de Esgos, esciario asiduo da celebración do Campionato de Galicia, foi sede da celebración do Campionato Nacional no 2015 onde os atletas galegos lograban a súa máis destacada actuación ata o momento, ca consecución dun total de doce medallas (cinco ouros, dúas pratas e cinco bronces).
Máxima protección ao medio ambiente
Nesta edición como é costume, seguiranse estritas medidas de protección e conservación do espazo natural recollidas no regulamento da proba, cuxo incumplimento leva consigo a descualificación automática do campionato.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163