Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 22 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Unha pandemia que encaixa nas 33.600 pezas deste puzzle

Os visitantes do Parque Público A Canuda poderán gozar dun dos puzzles máis grandes do mundo, con 33.600 pezas, que está exposto nas aulas do recinto e que ata o ano 2017 era o máis grande. Agora mesmo atópase entre os 5 de maior tamaño do mundo.


 VIDA SALVAXE, así se chama o puzzle cedido temporalmente pola veciña Mónica Cabaleiro Álvarez, natural da Parroquia de Leirado.


Mónica comezou a montalo  o 6 de abril de 2020 e rematouno en marzo deste ano. Sen dúbida o confinamento supuxo unha adicación enorme, xa que aproveitaba todas as horas de sol para, peza a peza, darlle forma a este xigante salvaxe. De case un ano que lle levou rematalo, Mónica fixo a metade do puzzle en dous meses, baixando a intensidade unha vez que se levantou o confinamento para continuar  traballando pouco a pouco ata por fin rematalo.

 

[Img #68920]


O puzzle, que  mide 1,77m x 0,57 m e pesa case 20kg, é o segundo máis grande do mundo dunha soa imaxe. Esta imaxe foi dexeñada en exclusiva por un ilustrador, feito a medida e a escala soamente para este deseño.


Mónica cede temporalmente moi orgullosa o seu traballo para que todos, grandes e cativos, poidan contemplar as grandes imaxes e o seu traballo. Ao mesmo tempo, xa nos adianta que se está a preparar para facer o anterior a este en tamaño, con 24.000 pezas, para despois pasar ao máis grande do mundo que hai agora mesmo e que conta con 42.000 pezas; este último mide 8m de longo co cal próximamente  ampliarase esta exposición.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.