GALICIA
Sogama pecha a compra de dúas parcelas nas que se ubicará a nova planta de transferencia de Cee
O presidente de Sociedade Galega de Medio Ambiente asinou esta semana esta operación
A Xunta de Galicia pechou esta semana a compra de dúas parcelas do polígono industrial de Cee nas que se instalará a nova planta de transferencia, por un importe de máis de 270.000 euros.
O presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), Javier Domínguez Lino, e a xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, pecharon esta mañá na Coruña a adquisición das parcelas 15 e 16 deste polígono industrial, ás que se trasladará a actividade da planta que actualmente está en funcionamento no Monte do Son.
A función dunha planta de transferencia é a de transvasar os residuos desde os camións municipais a contedores de gran capacidade, para ser transportados, con todas as garantías ambientais e de seguridade ata o Complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, onde reciben o tratamento oportuno conforme as súas características.
A Xunta adquiriu 4.530 m2 no polígono industrial de Cee, para trasladar a actividade que agora se realiza na planta do Monte do Son
Ambas parcelas suman un superficie global de 4.530 m2, polos que Sogama aboará a SEA un importe total de 271.347 euros. Acollerán a nova planta de transferencia que xestionará directamente Sogama e ofrecerán unha ubicación estratéxica, ao posibilitar o acceso a servizos esenciais, como enerxía, auga, saneamento e Internet.
Esta localización propicia mellorar a accesibilidade e comodidade da instalación, polo que se garante un mellor servizo aos concellos que actualmente fan uso da mesma (Cee, Fisterra e Corcubión), ao resultar máis áxil a descarga, o que se traduce nun aforro de tempo e de combustible.
A planta de Cee transvasou en 2020 preto de 5.800 toneladas de residuos urbanos xerados polos tres municipios aos que dá servizo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217