GALICIA
Galicia traballa na futura Lei de prevención das adiccións en menores
Feijóo destaca que pretende introducir limitacións á venda, subministración, consumo e publicidade das principais substancias psicoactivas, así como recoller medidas específicas no caso das adiccións relacionadas co mal uso das tecnoloxías
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou onte da aprobación do inicio do trámite de consulta pública previa do proxecto de Lei de prevención das adiccións en menores en Galicia.
Unha futura lei, que tal e como sinalou, terá entre os seus principais obxectivos: actualizar os principios que soportan as medidas de prevención; introducir limitacións á venda, subministración, consumo e publicidade das principais substancias psicoactivas; adoptar medidas para superar a normalización do consumo; e recoller medidas específicas no caso das adiccións relacionadas co mal uso das tecnoloxías.
Máis polo miúdo, Feijóo explicou que se tomarán como referencia os resultados da enquisa Estudes (2019) realizada entre adolescentes que cursan ensino secundario e que revelan que un 72,5% mozos galegos de entre 14 e 18 anos consumiu algunha vez alcohol, un 35,9% tabaco e un 25,7% cannabis. Así como que nun 13% dos alumnos desta idade existe un posible uso compulsivo de internet.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217