Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 23 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos habilita un servizo de axuda para a tramitación do Bono Activa Comercio da Xunta

Está ubicado na Axencia de Colocación de Mos e as empresas interesadas poden informarse chamando ao teléfono 986487786

O Concello de Mos ven de poñer en marcha nas dependencias da Axencia de Colocación, un servizo de asesoramento e axuda para a tramitación do Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia, dirixido a empresas de distintos sectores e particulares.

 

O persoal municipal da Axencia "xa realizou a pertinente rolda de chamadas ás empresas mosenses dos sectores que poden acceder a este bono para informarlles sobre as condicións que teñen que cumprir e ofrecerlles a súa axuda para a tramitación" segundo informan dende o Concello..

 

A Xunta de Galicia convocou recentemente un programa de Dinamización e incentivación do consumo en comercios retallistas a través dos Bonos Activa Comercio. 

 

Para participar neste Programa débense adherir ao Programa, a través da web: https://www.bonosactivacomercio.gal A alta e o uso da aplicación polos comerciantes suporá a aceptación das condicións do seu uso:

  1.  O nome comercial e localización dos establecementos adheridos ao programa bonos Activa Comercio faráse público na web citada.
  2. Deberán ademáis anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa, mediante a colocación dos corresponbdentes materiáis publicitarios coa imaxe corporativa do programa Bonos Activa Comercio. 
  3. Deben facer o desconto directo do bono no ticket ou factura de compra emitido.
  4. Especificar por escrito na xona de caixa, de forma visible, a política de devolución a través do Bono activa Comercio.
  5. Conservar durante un ano todos os tickets de compras ou facturas emitidas.

 

Para poder trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos, o comerciante terá que descargar no seu móvil a APP correspondente. No momento da compravenda, o comerciante terá que introducir na APP o importe e concepto de venda, automáticamente aparecerá o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). O usuario deberá amosar o seu bono ne formato QR e pagar, o importe final da compra realizada.

 

Descontos:

  • 5 € en compras de 30 € a < 50 €
  • 10 € en compras de 50 € ou superiores a 50 €

 

Os comerciantes adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria que indiquen, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.

 

A través da plataforma os comerciantes terán á súa disposición a información necesaria e poderán consultar o histórico das vendas, os bonos xa trocados, os aboamentos feitos pola entidade colaboradora e os demáis detalles da operación.

 

O importe máximo dos bonos que poderá trocar a empresa é de 5.000 € (IVE incluído). A adhesión áxil ao Programa de Bonos, garantizarálles ter máis posibilidades de participar no Programa. Os bonos activaránse a partir do 3 de maio.

 

No caso dos clientes cada persoa beneficiaria dispoñerá dun único bono que poderá ser usado nun ou varios dos comercios adheridos ao programa. Cada tarxeta terá un valor de 30 euros e, en función do importe das compras, poderán obterse descontos de cinco euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros; e unha redución de 10 euros en facturas iguais ou superiores a 50 euros.

 

Os/as interesados/as en participar neste programa que precisen axuda para a súa tramitación,  poden poñerse en contacto coa Axencia de Colocació de Mos no teléfono 986487786.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.