Sábado, 07 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcadesa do Porriño explica o motivo do cribado masivo

Un brote nunha empresa do Porriño está, supostamente, detrás do cribado convocado polo Sergas para o vindeiro domingo, todo segundo explicaba hoxe a alcaldesa Eva Garcia  aos asistentes á reunión telemática da Comisión Municipal de Seguimento da Covid.

 

Cos datos actualizados do Sergas a día de hoxe, O Porriño ten una taxa de incidencia de 15 “que son os mellores números de toda a pandemia”, precisou Eva Garcia que volveu a exhortar ás 6.000 persoas convocadas ao cribado do domingo que “por favor acudan, que polo seu ben, polas súas familias e polo ben de todos nos”.

 

O Concello pon a disposición do Sergas o Pavillón número 2 do Polideportivo Municipal para a realización das “PCR”. Están convocadas 6.000 persoas, entre as 8:30 horas e as 22:00 horas.

 

A Policía Local en coordinación con Agrupación de Protección Civil despregarán un dispositivo ao redor do Polideportivo e na rúa Doantes de Sangue para facilitar a chegada e aparcamento de vehículos, segundo indicou a Concellería de Seguridade.

 

No que atinxe ás competicións deportivas que xa estaban programadas no Polideportivo Municipal, non haberá ningún aprazamento, segundo informou a Concellería de Deportes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.