O PORRIÑO
O PP do Porriño media con Darlim para doar medidores de CO2 á hostelería
O Partido Popular do Porriño conseguiu a colaboración da empresa Darlim, con sede no concello, para doar aparatos medidores de CO2 á asociación local de hosteleiros Ahospor e, deste xeito, que os restaurantes cumpran cos requisitos do Plan de Hostelería Segura de Galicia, que entre outras cuestións, esixe garantir a calidade do aire no local.
O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo, agradece a colaboración e solidaridade de Darlim, que permitirá que os restaurantes do Porriño cumpran cun requisito obrigatorio desde hoxe para servir ceas.
O popular destaca que “o noso partido se puxo a disposición, desde o primeiro momento da pandemia, a colaborar e axudar aos veciños e diferentes colectivos locais”, e por iso agora non dubidaron en dar un paso máis e en buscar solucións para que os restaurantes do Porriño sigan avanzando na desescalada segura proposta pola Xunta. Nesta liña, Lorenzo anima aos veciños a facer uso da hostalería local “con sentidiño”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186