Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 25 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación recibe máis de 2,1 millóns de euros de Europa para desenvolvemento urbano sostible

O IDAE financiará o proxecto de eficiencia enerxética en Portas, Valga, Vilanova e Vilagarcía, e a mellora de mobilidade sostible na EP Portosanto-Campelo en Poio

A presidenta Carmela Silva mostrou  a súa satisfacción polas “boas novas chegadas de Europa” tras confirmarse a concesión de máis de 2,1 millóns de euros do IDAE para financiar dous proxectos provinciais centrados na mellora da eficiencia enerxética e a mobilidade sustentable da Deputación, no modelo de desenvolvemento urbano, transición verde e na redución das emisións de dióxido de carbono. “Anunciamos na presentación dos orzamentos que íamos traballar para acadar recursos de fondos europeos a fin de promover a transición ecolóxica na provincia, recordou a presidenta da Deputación. Pois aquí están, chegan os primeiros e estamos convencidas de que chegarán moitos máis”.

 

A través destes novos recursos europeos a Deputación estenderá a iluminación exterior sostible e eficiencia enerxética aos concellos de Portas, Valga, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. O investimento era de 929.488 € e o IDAE confirma unha achega de 743.590 €. Con este proxecto, substituiranse máis de 2.000 luminarias por leds de última xeración e elevada eficiencia que suporán un aforro enerxético medio estimado do 78% nos catro concellos. Polo miúdo, en Portas (299.007 €) renovaranse 580 luminarias conseguindo un aforro enerxético estimado do 76%; en Valga (199.072 €) substituiranse 501 luces cun aforro enerxético do 81%; en Vilanova (214.562 €) serán 465 as luminarias que se substituirán conseguindo un aforro enerxético do 69%; e en Vilagarcía (216.840 €) renovaranse 517 luces o que suporá un aforro do 84%.

 

 

 

 

Carmela Silva: “Anunciamos que íamos traballar para acadar recursos de fondos europeos a fin de promover a transición ecolóxica na provincia e aquí están. Chegan os primeiros e estamos convencidas de que chegarán moitos máis”

 

 

 

 

Xunto á iluminación exterior sostible, o IDAE confirmou tamén unha achega de 1.400.045 € para o proxecto de redución da pegada de carbono na mellora da mobilidade peonil na EP-0601 Portosanto-Campelo en Poio, que se ía financiar con fondos propios cun investimento de 1.750.056 € . O proxecto, que se estende entre a confluencia das rúas Padre Avelino e Beiramar en Campelo ata a intersección coa avenida Peirao Besada, vai renovar a infraestrutura por completo, recuperando o espazo público para as persoas de xeito sostible e inclusivo.

 

Carmela Silva celebrou o apoio do IDAE ás iniciativas provinciais que está a desenvolver a Deputación, “tendo en conta, amais, que coa chegada destes recursos europeos, poderemos destinar boa parte da financiación propia prevista ao impulso de novas actuacións”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.