MOS
Mos fomenta a lectura no Día do Libro agasallando aos centros educativos cun exemplar de “Na procura do medo esquecido”
O libro de Juancho estará presente desde hoxe en todos os colexios e Escolas Infantís mosenses e na Biblioteca Municipal, e comezouse a repartir nos centros veciñais e culturais
Co gallo do Día do Libro que hoxe se celebra, o Concello de Mos quere fomentar a lectura e a creatividade entre os/as escolares mosenses, ao tempo que apoia aos autores e artistas locais.
Por elo desde a administración local mosense fíxose chegar durante esta mañá un exemplar do libro titulado “Na procura do medo esquecido” aos centros educativos, colexios, Escolas Infantís, etc. para que forme parte da Biblioteca do centro e cativos/as e mestres/as poidan gozar del e da súa lectura tantas veces como lles apeteza. Ademais comezouse a facer entrega tamén hoxe dun volume desta obra aos centros veciñais eculturais da localidade.
O Concello de Mos adquiriu exemplares desta obra de Juancho para distribuír entre os centros educativos e culturais da localidade, así como para a Biblioteca Municipal.
Desde o Concello de Mos anunciouse o pasado 14 de abril, durante a presentación do libro no Pazo de Mos, que a administración local adquiriría exemplares deste libro para que estiveran presentes en todos os colexios e demais centros educativos do municipio, así como nos centros culturais das parroquias e na Biblioteca Municipal. Para que esta fermosa obra de arte sobre a tradición galega estea ao alcance, e poida ser coñecida, por toda a poboación interesada nela; e que poida empregarse en CEIPs e Escolas Infantís como ferramenta didáctica.
A alcaldesa do Concello e Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, declaraban esta mañá que “o noso obxectivo en xeral, e particularmente con esta acción, é contribuír incondicionalmente á posta en valor dos nosos autores, neste caso de Juancho, de raíces mosenses, que é responsable dos textos e das marabillosas ilustracións desta obra para todas as idades; ao tempo que fomentamos a lectura entre o alumnado”, explicaron.
En “Na procura do medo esquecido” réndese homenaxe a algúns deses seres que levan dando medo durante moitos séculos e hoxe vagan polo noso esquecemento. A natureza aparece como protagonista, pois pon o escenario, a luz e os personaxes principais no seu deambular polas nosas almas. Nas encrucilladas acotío moitos ollos presencian, e logo contan, o que acontece. Feitos extraordinarios narrados dun xeito sinxelo, directo e coloquial.
Outras iniciativas municipais polo Día do Libro 2021
Durante toda esta semana, desde o pasado luns 19 de abril e ata hoxe, todos/as os/as socios/as da Biblioteca Municipal de Mos que acudiron a solicitar e recoller libros en préstamo, entraron a formar parte dun sorteo dun lote de libros, que se realizará o vindeiro luns 26 de abril. O agraciado/a gañador/a do premio será chamado por teléfono o propio luns para comunicarlle a nova e que poida pasar a recoller o seu lote de libros.
Por outra banda hoxe, venres 23 de abril, o Concello de Mos agasalla cun rosal a todas aquelas persoas que se acheguen a comprar un libro na única librería do municipio, a librería Arte y Ciencia, ubicada en Peinador.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149