VIGO
Nova normativa para incrementar a eficiencia das unidades de mama do Sergas
O presidente do Goberno galego visitou esta mañá as unidades de radioterapia, de medicina nuclear e de mama do hospital Meixoeiro
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha nova normativa para homoxeneizar e incrementar a eficiencia das unidades de mama do Servizo Galego de Saúde; “para harmonizar o modelo organizativo, humanizar a asistencia e dotar aos profesionais de servizos integrados de información”, dixo, garantindo o compromiso de seguir creando unidades diagnósticas e seguir mellorando a sanidade.
Nesta liña, salientou o investimento de catro millóns de euros no Meixoeiro para, xunto á reforma do servizo de medicina nuclear, ampliar a unidade de mama e integrar nun único servizo todos os recursos diagnósticos e terapéuticos da área de Vigo, tanto de cribado como de diagnóstico hospitalario. Así, o servizo de radioloxía conta, entre outras cousas, con catro aceleradores lineais de nova xeración, cun novo acceso, con oito novas consultas e con servizos como o de oncoloxía radioterápica; e a área pediátrica específica de medicina nuclear conta con espazos específicos para os nenos.
Durante unha visita ás unidades de radioterapia, de medicina nuclear e de mama do hospital, Feijóo lembrou que desde 2015 a Administración autonómica ten o compromiso de investir máis de 22 millóns neste hospital para modernizalo e amplialo. Ao respecto, subliñou, a modo de exemplo, a adaptación da planta baixa para convertela no laboratorio central da área sanitaria de Vigo, a creación do novo laboratorio de microbioloxía ou as melloras nos accesos e no sistema de climatización do centro.
Resalta o investimento de catro millóns no Meixoeiro para, xunto á reforma do servizo de medicina nuclear, ampliar a unidade de mama e integrar nun único servizo todos os recursos diagnósticos e terapéuticos da área de Vigo
Sobre este último punto, precisou un investimento de case 7 millóns de euros na mellora das envolventes térmicas; “e hoxe mesmo publicamos a licitación por preto de 4 millóns da mellora da climatización das plantas de hospitalización”, confirmou.
O titular da Xunta aproveitou a súa intervención para recordar que a área sanitaria de Vigo foi un espello para Galicia e para España na aplicación de iniciativas novidosas contra a pandemia. Non en van, no Meixoeiro instalouse o primeiro punto covid-auto de España, que permitía facer unha PCR sen cita previa e sen baixar dun coche; “avanzamos en Vigo a aplicación do pooling para realizar análises agrupados de mostras e creouse un novo laboratorio de microbioloxía”, abundou.
Logo de resaltar que neste 2021 o orzamento da Xunta conta cun investimento de case 3 millóns para seguir mellorando os circuítos e axustando varias unidades do Cunqueiro, Feijóo destacou o compromiso da Administración autonómica coa atención primaria, coa construción do Centro de Saúde de Bouzas, que estará finalizado este verán; e do Centro integral de saúde Olimpia Valencia, que contará cun investimento de case 12 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49