Galicia
As almofadas antiengurras dun galego retornado
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a un emprendedor retornado de Venezuela que puxo en marcha en 2019 un proxecto empresarial on line a través da liña de axudas ao emprendemento deste departamento autonómico.
Álvaro Montes Gómez retornou de Venezuela en 2018 e puxo en marcha un proxecto de venda on line por encargo de almofadas nunuku.com que alivian a dor do pescozo e do lombo, e prevé as engurras e as marcas do soño no rostro. Para a posta en marcha deste negocio contou en 2019 cunha axuda da Secretaría Xeral da Emigración de 5.000 euros, a través da liña de axudas a emprendedores retornados.
O secretario xeral da Emigración destacou a importancia do pulo empresarial dos galegos retornados, “que apostan por poñer en marcha novas empresas, moitos deles no rural, e algúns incluso xerando postos de traballo”.
Neste senso, Rodríguez Miranda aproveitou a visita para recordar que acaba de abrirse esta nova liña de axudas, que en 2021 conta cun orzamento de 800.000 euros. O pasado ano, beneficiáronse da mesma 94 emprendedores retornados.
Este programa de axudas ao emprendemento dos retornados conta este ano cunha liña especial a causa da covid-19, “xa que somos conscientes das dificultades que supón emprender e máis nun tempo tan complexo como o que estamos a vivir coa actual pandemia”.
Deste xeito, o programa conta con dúas liñas de axuda para persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na nosa comunidade autónoma, unha que promova o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia. O prazo de presentación remata o 30 de setembro.
As axudas serán de 5.000 euros no caso da primeira liña (aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 2.000 se se pon en marcha nun concello rural) e de 3.000 no caso da segunda liña.
En 2020 a provincia da Coruña contou con 42 beneficiados por estas axudas. Na comarca de Santiago, beneficiáronse 9 galegos retornados: 6 na cidade do Apóstolo, 1 en Ames, outro en Teo e outro en Boqueixón.
Desde a posta en marcha deste programa, foron case 300 os galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración.
Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno a nosa comunidade autónoma dos galegos residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.
Trátase dunha das máis de 50 medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinado pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129