Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O CSIC participa no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Hoxe con “Conversas arredor de Os nenos de varíola”

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) participa mañá nunha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

 

A primeira vez que a institución participou no Salón foi no ano 2015. Nesta ocasión, o CSIC participa nunha actividade que xira sobre o libro “Os nenos da varíola” e na que a autora da obra, María Solar, conversará con Marta López, científica do CSIC e xefa do grupo Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños de Instituto de Investigacións Marinas (CSIC, Vigo), e Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia (Delegación Institucional).

 

A idea parte das “Conversas entre Ciencia e Literatura”, organizadas pola Editorial Galaxia e a Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, nos anos 2017, 2018 e 2019 coas que que percorreron centros de ensino, teatros e auditorios de Galicia. Nelas, María Solar, Marta López e Luisa Martínez debateron sobre conceptos científicos relacionados coas vacinas, abordando o contexto histórico no que se desenvolve a novela, o proceso de documentación que levou a cabo autora do libro e a importancia do método científico. O seu cometido foi o de dar a coñecer a base científica das vacinas e a relevancia que tivo a Real Expedición Filantrópica que partiu da Coruña hai pouco máis de 200 anos.

 

 

 

 

A iniciativa, na que participan a autora do libro, María Solar, e Luisa Martínez e Marta López polo CSIC, poderase seguir en streaming

 

 

 

 

O Faladoiro Literario Científico organizado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e que conta coa participación do CSIC, poderase seguir presencialmente (previa reserva de praza) ou en streaming a través da páxina do Salón.

 

A participación do CSIC no Salón do Libro Infantil e Xuvenil iniciouse no ano 2015 con obradoiros para centros escolares e familias, charlas... arredor dalgunha das liñas de investigación que a institución leva a cabo en Galicia. Continuo en 2016 (XVII edición, “Canta bichería!!), 2017 (XVIII edición, “O mundo que queremos”), 2018 (XIX edición, “Mulleres de Conto”) e 2019 (XX edición, “A revolución”).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.