Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 01 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Sae a licitación para a explotación do quiosco permanente na Explanada do Horizonte

Información dispoñible no perfil do contratante da web municipal

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este pasado mércores 28 de abril a licitación para a explotación do quiosco permanente situado na Explanada do Horizonte no Camiño de Santiago ao seu paso por Portecelo. Trátase dun módulo de 45 metros cadrados cunha zona de aseos e dúas pérgolas, unha delas con terraza. A concesión será por catro anos prorrogables outros catro máis e establécese de saída un canon anual de licitación de 3.073,69€ que pode ser incrementado á alza polos licitadores.


As persoas interesadas terán 15 días naturais a partir de hoxe mesmo para presentar as súas ofertas. Estas ofertas clasificaranse ordenadamente de maior a menos seguindo o criterio de prezo máis alto ofertado, dando a máxima puntuación de 100 puntos á oferta máis elevada e 0 puntos á que oferte o canon de saída.


O quiosco será o único punto de venda de bebidas ou comidas ao longo de todo o tramo do Camiño de Santiago pola Costa ao longo do municipio do Rosal, xa que os puntos máis próximos atópanse a 3,6 e 6,1 quilómietros, nos concellos de A Guarda e Oia, respectivamente.


Este quiosco-bar, situado nun módulo fixo que forma parte do proxecto de acondicionamento do Camiño de Santiago e da Explanada do Horizonte redactado pola arquitecta paisaxista María Fandiño, busca dotar de novos servizos á contorna para o desfrute dos veciños e veciñas de Portecelo e Sanxián, para as persoas que realicen este tramo do Camiño de Santiago ou para os e as excursionistas que se acheguen a este espazo.


Ademais, o Concello tratará de rachar coa estacionalidade convertendo a Explanada do Horizonte en punto de lecer e encontro durante todo o ano, organizando actividades culturais para todas as idades coas que dinamizar a zona.


Toda a información está dispoñible no BOPPO e no perfil do contratante da web municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.