Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 03 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Curso para que os maiores lle saquen o máximo partido ao seu móbil

Será impartido pola voluntaria dixital Guadalupe Ordóñez os días 24 e 26 de maio

Ata o vindeiro 15 de maio estará aberto o prazo de inscripción no curso para maiores ‘Sácalle partido ao teu mobil 2021’ que se impartirá os días 24 e 26 de maio promovido pola concellería de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Leo Costas e impartido pola voluntaria dixital Guadalupe Ordóñez.

 

Esta acción formativa forma parte do programa TIC para o benestar das persoas maiores orientado á promoción do envellecemento activo e á mellora da calidade de vida a través da tecnoloxía, ao tempo que se promove o empoderamento cidadán e o compromiso coa mellora da sociedade, desde a perspectiva dos dereitos, a inclusión e a transformación. Todo iso mediante a intervención social comunitaria, a acciónsocioeducativa e a inclusión no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación.

 

O horario das clases será de 17 a 19 horas cunha duración total de 4 horas. Impartirase nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos e os interesados en inscribirse poden facelo chamando por teléfono ao número da Axencia, 986 48 77 86, ou escribindo un correo electrónico ao enderezo info@axenciadecolocacionmos.es

 

Trátase dun curso no que os maiores participantes poderán aprender a realizar diversos trámites co seu teléfono móbil tales como pedir, cambiar ou anuluar citas médicas, facer videochamadas e un longo etcétera de posibilidades. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.