GALICIA
Fabiola García denuncia que Galicia sexa prexudicada polos novos criterios do plan concertado
A conselleira de Política Social asistiu á reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais
A conselleira de Política Social, Fabiola García, denunciou que Galicia sexa a comunidade autónoma máis prexudicada polos novos criterios de distribución dos fondos do Plan Concertado, mediante os que as Administracións autonómicas axudan aos concellos a financiar os servizos sociais. Así o manifestou durante a reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais realizada a semana pasada por videoconferencia.
A conselleira sinalou que o Goberno central modificou unilateralmente os criterios de reparto, convertendo a Galicia na comunidade que máis peso porcentual perde, ao pasar de percibir o 8,37% dos fondos a tan só o 6,6%. Por iso, o Goberno galego solicitou ao Ministerio que se paralice este cambio de criterio e se traballe xunto ás comunidades nun sistema de reparto máis ambicioso e máis xusto, que outorgue un peso maior a aspectos como a dispersión da poboación ou o envellecemento.
Galicia pasará de percibir o 8,37% dos fondos destinados a axudar aos concellos a financiar os servizos sociais a tan só o 6,6%
Fabiola García resaltou que durante esta reunión tamén se afondou no reparto de fondos para a atención a menores estranxeiros non acompañados. Galicia colaborará solidariamente na acollida de rapaces que chegaron de Canarias durante a última crise migratoria. Por outra banda, o Goberno central asigna uns fondos en función do número de menores que xa acollen as Comunidades e a conselleira solicitou que este reparto se faga de xeito máis proporcional. Coa proposta do Ministerio, Galicia recibirá cero euros a pesar de contar con 175 destes rapaces.
Por último, tamén insistiu en concretar os prazos e axilizar a asignación dos fondos europeos e dos fondos do nivel acordado de dependencia. A conselleira puntualizou que este reparto foi comprometido hai catro meses e, logo deste tempo, aínda non existe unha previsión clara de cando estarán dispoñibles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217