Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Lunes, 03 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O delegado da Xunta e a alcaldesa visitan en Tomiño as obras de mellora e seguridade viaria

A alcaldesa lembra a importancia de que o Goberno Autonómico participe na construción da Biblioteca Municipal, o proxecto de maior envergadura do Concello nos vindeiros anos

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, visitou a semana pasada, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, ás obras de mellora e seguridade viaria levadas a cabo na estrada PO-552 (punto quilométrico 60+300 e 60+700) na intersección coa PO-344 no concello de Tomiño; zona coñecida popularmente coma cruce do empalme, que da acceso ao núcleo da vila.

 

Na visita, a alcaldesa de Tomiño agradeceu a intervención realizada nun dos puntos negros con maior concentración de accidentes do municipio, e que agora conta cunha rotonda con accesos especiais para buses e vehículos, reordenándose tamén os pasos de peóns, creándose novas beirarrúas e reubicándose as paradas de bus. A acción incluíu, así mesmo, unha zona axardinada deseñada pola paisaxista Sinda Dávila.

 

Executáronse cuñas para o cambio de velocidade nas interseccións de maior tráfico, para facilitar as saídas da estrada ou as incorporacións a ela, e tamén vías de servizo en varios treitos para canalizar os accesos, permitindo os xiros en puntos máis seguros.

 

Esta actuación enmárcase no Plan de Seguridade Viaria de Galicia da Xunta para intentar reducir ata 2020 os “puntos negros” das estradas de titularidade autonómica.


A obra supuxo a execución de dúas glorietas (unha en Tomiño e outra en Tui) e a mellora dun cruce para reducir a accidentalidade, no punto quilométrico 69+150, en Forcadela.

 

A rexedora tomiñesa lembroulle ao delegado da Xunta a importancia de que o Goberno Autonómico participe na construción da Biblioteca Municipal de Tomiño, o proxecto de maior envergadura do Concello nos vindeiros anos, que conta xa cos terreos, permisos e proxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.