MOS
Os socialistas denuncian que a alcaldesa de Mos negase á "retirada do tráfico pesado"
Segundo informan dende o PSOE "recentemente o Concello de Mos culpaban nunhas declaracións a Fomento e a Deputación de Pontevedra, de non facilitar os permisos para lograr a retirada do tráfico pesado das zonas urbanas, en concreto, Puxeiros e Sanguiñeda". Isto motivou una moción presentada polo grupo socialista na que solicitaban un plan alternativo para o tráfico pesado e así poder levar a cabo ese proceso de liberar os núcleos urbanos.
Dende o grupo municipal socialista din que a súa primeira moción desta lexislatura "foi solicitar a supresión do tráfico pesado da zona de Puxeiros, moción que o goberno local se negou a levar a pleno alegando que estaban elaborando un proxecto". Tras falar cos técnicos e solicitar dito informe, tan so foilles "entregado un informe da policía local debido a que non había outro tipo de información".
"O Concello de Mos solicitou en agosto do 2020, un ano despois do que din nas súas declaracións, o permiso para a colocación de sinais verticais para a retirada do tráfico pesado. Dende a Deputación se lle solicitou máis información porque non presentaban un proxecto plantexando alternativas para a circulación de dito tráfico, aos 15 días presentaron unha información por sede electrónica e 15 minutos despois solicitaban que non se tivese en conta por conter erros. Dende novembro o Concello de Mos non volveu presentar ningún tipo de información para continuar co proxecto, provocando a paralización do expediente" explican.
"De igual forma aconteceu con Fomento, que para prohibir a entrada dende a saída 9 da A-55 precisan un plan alternativo que non lles foi remitido. E en base a esta falta de documentación para continuar co proceso, a bancada socialista plantexou este debate no pleno que tivo un voto negativo por parte do Partido Popular pese a ter as competencias en materia de tráfico. O goberno di negarse a facer dito plan, esperando que sexa algunha das outras administracións a que se faga cargo dun traballo puramente municipal" aseguran dende o PSdG-PSOE de Mos.
Por este motivo a voceira socialista, Victoria Alonso, solicita "unhas desculpas por parte do goberno local ante toda a veciñanza polo engano que acaban de acometer. Así como elaborar o proxecto pese ao seu voto negativo en pleno, e que sexa de obrigado cumprimento a maior brevidade". Alonso recalca que esta "é outra mostra máis do descaro co que goberna o Partido Popular, que non mostra ningún tipo de contemplación a hora de usar mentiras para xustificar a súa ineficacia e falta de seriedade ca veciñanza". Finaliza dicindo que "as mentiras teñen as patas moi cortas, que non deberían usar estas tácticas para atacar a administracións que non están gobernadas polo PP xa que estanse desacreditando eles mesmos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149