GALICIA
A Xunta traballa nas melloras en materia de inclusión
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo unha reunión por videoconferencia con EAPN Galicia para tratar diversos asuntos relacionados co ámbito da inclusión social
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo unha reunión por videoconferencia coa Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) Galicia, na que abordaron diferentes cuestións relacionadas coas melloras en materia de inclusión, dentro do marco estable de coordinación e participación que se mantén coa entidade.
Entre outros temas, na xuntanza analizouse a situación actual da modificación da Lei de Inclusión Social, na que se está a traballar para adaptala ao contexto actual e axilizar e simplificar os procesos de tramitación das axudas que regula.
O proceso para a renovación da Axenda Social Única de Galicia, marco de coordinación entre as administracións autonómica e local e as entidades de iniciativa social, no que participan na actualidade a Xunta e a FEGAMP conxuntamente e que recibiu achegas de entidades sociais como EAPN, foi outra das cuestións que se trataron. A previsión é que estea rematado na segunda quincena do mes de xuño.
Entre as cuestións tratadas destaca a renovación da Axenda Social Única de Galicia, a modificación da Lei de Inclusión Social ou os proxectos a financiar cos fondos europeos do Plan de Recuperación
Así mesmo, o encontro serviu para informar á entidade dos proxectos a financiar cos fondos europeos do Plan de Recuperación no ámbito de inclusión social, así como das distintas liñas de apoio económico que a Consellería de Política Social pon a disposición das as entidades de iniciativa social para desenvolver proxectos de atención as persoas en situación ou risco de exclusión social.
O director xeral puxo en valor o traballo conxunto que se está a realizar coas entidades sociais para apoiar ás persoas máis vulnerables desde o inicio da pandemia, así como para impulsar os novos instrumentos de planificación que orientarán as medidas a desenvolver nos vindeiros anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217