PROVINCIA
Deputación e CSIC impulsan o primeiro curso en Galicia de Raios X aplicada á arqueoloxía
Ata o 18 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar nesta acción de capacitación dirixida a profesionais e alumnado de Másters e Doutorados relacionados coa arqueoloxía e o patrimonio cultural
A Deputación de Pontevedra e o CSIC veñen de abrir o prazo para inscribirse no primeiro curso que se organiza en Galicia sobre “Aplicacións de Fluorescencia de Raios X en Arqueoloxía e Ciencias do Patrimonio”. Trátase dunha pioneira acción de capacitación, que terá lugar os días 21 e 22 de maio, dirixida a profesionais e alumnado de Másters e Doutorados relacionados coa arqueoloxía e o patrimonio cultural, que se enmarca no convenio de colaboración entre ambas institucións para poñer en valor o Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico do Pazo de Liñares de Lalín.
No curso, da man de persoas especialistas e cualificadas na materia procedentes da Universidade de Cambridge do Reino Unido, da Universitá degli Studi di Firenze de Italia, das Universidades de Santiago e do País Vaco, así como de centros como “The National Archives” do Reino Unido ou o propio CSIC, revisaranse os fundamentos da técnica e aplicación da Fluorescencia de Raios (FRX) a diferentes tipos de materiais e mostras. Nos últimos anos, a aplicación da FRX na Arqueoloxía e Ciencias do Patrimonio está a acadar un importante desenvolvemento, coa proliferación de instrumentos portátiles que permiten a obtención de datos in situ con rapidez, polo que adquirir formación previa que garanta a calidade dos mesmos é fundamental para as e os profesionais destas áreas.
“Aplicacións de Fluorescencia de Raios X en Arqueoloxía e Ciencias do Patrimonio” comezará o 21 de maio a partir das 9.30 horas e contará con sete seminarios en formato virtual. Ao longo dese día participará Marcos Martinón-Torres, da Universidade de Cambridge; Ignacio Montero, do Instituto de Historia do CSIC; Pilar Prieto e Antonio Martínez, da Universiade de Santiago; Javier Iñáñez, da Universidade do País Vasco; Simona Scrivano do Centro Nacional de Aceleradores de Sevilla; Lucía Pereira do National Archives do Reino Unido e Noemí Silva do CSIC. As e os especialistas afondarán nos mitos e realidades da FRX portátil en arqueoloxía e patrimonio, nas súas aplicacións en arqueometalurxia e cerámica arqueolóxica, nos retos na aplicación da FRX portátil en cerámicas da época moderna, na aplicación da técnica de micro-FRX no estudo de bens culturais, na análise non invasora de materiais pictóricos con espectroscopia de FRX e nas achegas da FRX á arqueoloxía ambiental.
Xa o 22, a partir das 10 da mañá, terá lugar a sesión presencial coa presentación de casos de estudo e dúas sesións prácticas no Pazo de Liñares de Lalín, cumprindo con todos os protocolos covid, e coa participación de Xosé-Lois Armada e Óscar García do CSIC; Olalla López e Zaira García da Universidade de Santiago e Rosarosa Manca da Universitá degli Studi di Firenze en Italia. As expertas e expertos afondarán na FRX no estudo da ourivería dos castros no noroeste ibérico, na análise de esqueletos a través da FRX, na aplicación dos Raios X ao estudo de esmaltes de estaño sobre cerámicas, na protección radiolóxica e nos factores de corrección e interpretación de datos.
As persoas interesadas en asistir ao curso “Aplicacións de Fluorescencia de Raios X en Arqueoloxía e Ciencias do Patrimonio” deberán enviar en primeiro lugar un correo electrónico mariag.faro@incipit.csic.es e seguir, a continuación, os pasos indicados para formalizar a matrícula antes do 18 de maio. Este pioneiro curso, que terá un custe simbólico de 15 €, ten aforo limitado a 20 persoas por razóns prácticas e de prevención ante a covid19.
“Aplicacións de Fluorescencia de Raios X en Arqueoloxía e Ciencias do Patrimonio” forma parte das actividades que a Deputación e o CSIC, a través do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) están a organizar no marco do convenio de colaboración entre ambas institucións. A través deste acordo tamén se están a investigar as contornas e interior dos castros de Bendoiro (Lalín), Castrolandín (Cuntis) e Montaz (Silleda) e desenvolvéronse conferencias dirixidas á comunidade escolar sobre os castros e os seus habitantes, as paisaxes do pasado ou arqueoloxía sen escavar a terra. Amais, no marco do convenio, están previstas xornadas de portas abertas no Centro de Xestión Arqueolóxica do Pazo de Liñares onde, amais de coñecer o laboratorio e os procesos de traballo que alí se desenvolven, as persoas visitantes poderán ver os materiais investigados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58