Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 07 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

A Agrupación Musical do Rosal celebra o seu aniversario

[Img #69158]Este domingo, ás 18:00, a banda da Agrupación Musical do Rosal celebrará un concerto conmemorativo do seu 35 aniversario. O acto terá lugar na Praza do Calvario.

 

Ó longo da súa historia, a banda rosaleira, ten acadado moitos e importantes recoñecementos a nivel galego e estatal, converténdose nunha das máis galardoadas da nosa comunidade. Ó mesmo tempo, a súa escola, ten sido un viveiro de grandes músicos que ocupan, actualmente, postos de relevancia en diferentes ámbitos culturais. Dende que se fundou no ano 1986, baixo a batuta de Nani Matos, diferentes directores teñen sido os responsables de guiar a este grupo: José Luis Represas, José Vicente Simeó, Diego Javier Llorente, Marcel van Bree, Carlos Ramón Pérez ou José Javier Bascoy. Na actualidade está dirixida por Javier Alonso.

 

O programa que interpretarán este domingo estará dividido en dúas partes: a primeira proporá a todos os asistentes unha apaixonante viaxe a través das diferentes expedicións que cruzaron o Océano Atlántico baixo o punto de vista de compositores xaponeses. Na segunda, a música máis próxima tomará protagonismo, escenificando a volta ás raíces populares da nosa cultura.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.