Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 08 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello colabora na presentación de libros de autores locales

Comezará o 10 de maio e prolongarase durante todo o mes promocionando obras para público de todas as idades e de autores de diferentes parroquias

[Img #69166]O Concello de Mos a través da concellería de Cultura organiza un ciclo de presentación de libros de autores locais, tanto de literatura infantil como para público adulto, titulado Mos coa lectura.


O devandito ciclo comezará o vindeiro luns, 10 de maio, e prolongarase durante todo o mes ata completar o total de 4 autores mosenses protagonistas do ciclo. O último presentarase o día 27.


A primeira das autoras será Miriam C. Leirós, natural da parroquia de Petelos, do barrio da Porteliña, que presentará o luns 10 de maio ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal, sita tamén na Porteliña, o seu libro infantil ‘Los secretos de los cuentos clásicos (Archivos desclasificados)’ con ilustracións de Paloma Corral.


Continuando co público infantil, o segundo título do ciclo vai dirixido tamén aos máis pequenos. Trátase de Clover, unha porquiña diferente, autoría de Beatriz Cabaleiro que presentará a súa obra o 16 de maio ás 12.00 horas nos exteriores do Pazo de Mos.


Logo tocaralle o turno ao historiador e etnógrafo, veciño da parroquia de Dornelas, Javier Baquero, que tras dúas obras previas sobre historia de Mos, presenta agora un terceiro título co nome de ‘Aclaraciones históricas del ayer y hoy de Mos’. A presentación celebrarase o domingo 23 de maio ás 11.30 horas nos exteriores do Local Social de Dornelas.


Por último Rosa Montenegro Bernárdez presentará no Centro Dotacional de Torroso a súa obra ‘El yo y sus metáforas’ o 27 de maio ás 19.00 horas.


Con esta iniciativa desde o Concello de Mos preténdese, segundo declararon a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, “apoiar e impulsar aos escritores locais, que son moitos e moi bos; ao tempo que fomentamos a lectura entre a poboación de todos os rangos de idade e promocionamos o consumo de cultura local”. “É un orgullo para esta administración local contar no noso municipio cunha veciñanza tan activa a nivel artístico e cultural, neste caso enfocada á creación literaria, o que demostra que somos un pobo inquedo e con iniciativa, algo que debe ser reforzado desde o Concello, de ahí que decidiramos organizar este ciclo de promoción e apoio”, expresaron as representantes municipais Arévalo e Cebreiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.