Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 08 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta investirá 1,5 millóns de euros na ampliación do IES Pedras Rubias

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo esta semana unha reunión coa dirección do centro e a Anpa para explicarlles o proxecto, que xa foi encargado

A Xunta de Galicia continúa coa aposta pola mellora das infraestruturas educativas no Concello de Salceda de Caselas coa ampliación do IES de Pedras Rubias no que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá 1,5 millóns de euros. Así o informou o pasado xoves a delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, tras manter un encontro coa directora do centro, María José Espiñeira Costa, e Sonia Fernández Gómez, en representación da Anpa.

 

Fernández-Tapias explicou a importancia desta ampliación −cuxo proxecto xa foi encargado− para poder atender á demanda dunha poboación en idade de escolarización en continúo crecemento, nun centro que ata o de agora conta con solo 4 liñas de ensinanza secundaria obrigatoria. A proposta recollida nos plans da Consellería é a incorporar ao centro un mínimo de dúas novas liñas de bacharelato. En total serían 4 aulas, 2 espazos para desdobre e apoio e 2 laboratorios.

 

Fernández-Tapias indicou que o concello de Salceda non ten PXOM aprobado e que a parcela na que está ubicado o centro é solo rústico de protección forestal, polo que se rexe por normas subsidiarias e pola Lei do Solo de Galicia. Isto implica, dixo, que hai que facer un estudio moi minucioso e detallado da viabilidade urbanística da ampliación por parte do Concello.

 

 

 

 

A actuación permitirá ampliar a oferta educativa de bacharelato, con aulas suficientes, para incorporar 2 novas liñas ás 4 de ensinanza secundaria obrigatoria

 

 

 

 

Solución provisional
En paralelo e como solución provisional ata que o novo centro estea dispoñible, a delegada informou que os 19 alumnos de 4º da ESO do IES Pedras Rubias á espera dunha praza poderán matricularse no IES de Salvaterra de Miño, no que se adaptarán novas aulas. A Xunta garante así a continuidade dos estudos postobrigatorios ao alumando de Salceda de Caselas que así o decida.  

 

Cómpre lembrar que a Consellería de  Cultura, Educación e Universidade ampliou fai dous anos as instalacións do CEP Altamira de Salceda de Caselas cun investimento de preto de 500.000 euros, e que na actualidade está a executar a ampliación do IES de Salvaterra cun investimento de 587.000 euros. Segundo detallou Fernández-Tapias, esta última actuación permitirá ao alumnado do ciclo formativo de madeira, moble e cortiza realizar as clases prácticas nas instalacións do propio centro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.