Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 08 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PSdeG-PSOE denuncia o reparto das “propinas-subvencións” a concellos de menos de 20.000 habitantes

O secretario xeral dos socialistas pontevedreses, David Regades, pregúntalle ao Goberno galego se alguén se avergoña de seguir a organizar estas “repañotas partidistas de medianoite”

A última convocatoria de subvencións para obras en equipamentos e servizos municipais entre concellos de menos de 20.000 habitantes, que foi parar moi maioritariamente a concellos gobernados polo Partido Popular, é “un escándalo maiúsculo de caciquismo” en palabras do secretario xeral dos/as socialistas galegos, David  Regades, quen engade que a Xunta continúa, en pleno século XXI, con prácticas decimonónicas e indignas en Democracia.


“A chegada das novas tecnoloxías, lonxe de corrixir vellos hábitos, está a servir para acentuar a opacidade dun Goberno que se resiste a cambiar o seu “modus operandi” no xeito de relacionarse co municipalismo”. “As Alcaldías do PP gobernan escasamente ao 20% da provincia e lévanse case o 90% destes fondos”, lamenta.


A convocatoria destas últimas subvencións non primou a calidade dos proxectos, nin asignou fondos en función de criterios regrados. Optouse por volver utilizar a vía non competitiva (excepcional na lexislación sobre Subvencións) e cinguíndose unicamente á orde de rexistro das solicitudes ata esgotar o crédito, que era de só 2,3 millóns de euros para toda Galicia. O resultado, engade Regades, foi que os cartos acabáronse en só 9 minutos e 43 segundos “nunha repañota partidista de medianoite para concellos do PP avisados con antelación, mentres que os demais tiveron os detalles na convocatoria publicada só un día antes”.

 

 

 

 

Tan só 8 dos 52 concellos da provincia que tiñan dereito á axuda puideron conseguila e, de entre eles, 7 teñen alcalde/sa do PP

 

 

 


Tan só 8 concellos sobre os 52 existentes na provincia de Pontevedra con menos de 20.000 habitantes lograron a subvención. Deles un total de 7 están gobernados polo Partido Popular (Vilanova de Arousa, Crecente, Dozón, A Lama, Mos, Oia e Sanxenxo) e tan só A Cañiza (PSdeG-PSOE) conseguiu entrar despois dunha intensa xornada de traballo preparando toda a documentación necesaria para un proxecto que, afortunadamente, xa tiñan redactado. “Contan que algúns alcaldes e alcaldesas xa aprenderon que hai que estar diante do ordenador e premer a tecla de enviar cando falta un minuto para a medianoite, contando con que o Rexistro electrónico da Xunta está saturado. Aínda así arríscanse a quedar fóra por misterios da tecnoloxía”.


Con todo, a ridícula partida de 2,3 millóns para toda Galicia tradúcese nun tope de 67.760 euros por concello “unha propina-subvención concibida para alimentar a máquina clientelar do PP”. O secretario xeral do PSdeG-PSOE Pontevedra provincia  advirte de que aínda nos faltan os concellos beneficiarios do Plan Hurbe, que adoita repartirse pola mesma vía. David Regades conclúe instando á Xunta de Galicia a “revisar de oficio a súa relación cos concellos e a articular fórmulas de colaboración regradas e con financiamento suficiente, ao estilo do que fai a Deputación de Pontevedra co Plan Concellos, que entrega 42,5 millóns de euros a tódolos concellos da provincia con criterios equitativos e transparentes”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.