Xornal21.es
Viernes, 07 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
GALICIA
O galego está de aniversario no Twitter
A iniciativa Twitter en galego cumpre 10 anos de vida dende que comezou a reivindicar que esta plataforma social estea en lingua galega
Este venres 7 de maio a iniciativa que logrou que Twitter comezara a publicar chíos en vez de tweets, celebra o seu décimo aniversario. Un día de celebración ao que se están sumando personalidades do mundo académico como Presidente da Academia Galega, Víctor Freixanes, ou Rosario Álvarez, así como persoas relacionadas como mundo Marilar Aleixandre ou Arancha Nogueira da literatura, Marcus Fernández do activismo dixital, Monti Castiñeiras e Carlos Ares da televisión, Kiko Novoa e Alfonso Hermida do xornalismo ou mesmo representantes políticos como Mercedes Queixas e Ana Miranda do BNG; e Noa Diaz do PSdeG.
Despois dunha reivindicación intensa en que se logrou traducir esta plataforma en apenas seis meses, o Twitter en galego é un dos proxectos dixitais máis antigos que segue manténdose en activo. O creador da iniciativa, Carlos Vieito, salientou que "o Twitter en galego non vai descansar até que sexa posíbel poder chiar tamén dende todos os dispositivos móbiles". E é que de momento o Twitter só se pode configurar en galego na versión web, pois "o galego segue en fase beta a igual que outras linguas como o éuscaro ou o irlandés" destacou Vieito.
Destacan que de aí a importancia de manterse activos até lograr todos os obxectivos cos que naceu este proxecto dixital: poder configurar o galego e normalizar a lingua nesta rede social. "É fundamental termos a posibilidade de poder, se quixer, configurar calquera aplicación na nosa lingua, mais é moito máis primordial que os usuarios e usuarias destas plataformas poidan sentirse cómodas comunicándose na súa lingua, sen estar sometidas a ningunha presión ou prexuízo" explicou. A iniciativa, mentres segue á espera de que se permita acceder novamente ao Twitter Translation Center para poder actualizar a versión móbil, segue a traballar na divulgación de contidos referentes da cultura galega e dinamización da lingua.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217